Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PROGRAMACIÓN CULTURAL DO PAZO DE CULTURA PARA ESTE CUATRIMESTRE
En total haberá 23 espectáculos de teatro, música e maxia. A inversión conxunta ascende a máis de 130.000 euros.
Narón, 6 de Setembro de 2011.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o director técnico do Padroado de Cultura, Luciano Fernández, presentaron hoxe en rolda de prensa a programación de teatro e música que se desenvolverá entre os meses de setembro e decembro no Pazo da Cultura. En total está prevista a representación de 23 espectáculos (16 representacións teatrais e 7 actuacións musicais) que en conxunto suman un orzamento de 130.583 euros, aportados polo Padroado de Cultura de Narón (65.799 €), Agadic (50.330 €), a Deputación de A Coruña (11.870 €) e a Compañía de Teatro Residente de Narón (2.583 €). Segundo explicou o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, a posta en escena desta programación supón “un esforzo económico moi importante, pero que xa tíñamos previsto e que manteremos ó longo do ano 2011 porque para o Concello de Narón a cultura ocupa un lugar prioritario dende sempre”. Sánchez Fojo destacou a elevada calidade das obras teatrais e dos concertos musicais que se poderán ver no auditorio de Narón neste cuatrimestre. “Só no mes de outubro, por exemplo, temos cinco representacións teatrais das que tres son estreas”, salientou. A programación cultural deste cuatrimestre é a seguinte: SETEMBRO -Venres 16 e sábado 17: Teatro (drama). “Unha hora na vida de Stefam Zweig”. Compañía Lagarta-Lagarta. -Venres 23 e sábado 24: Teatro (comedia). “Américan Café”. Compañía Teatro do Morcego. -Venres 30: Teatro (Drama musical). “A ópera dos tres reás”. Compañía Centro Dramático Galego. OUTUBRO -Sábado 1: Teatro (Drama musical). “A ópera dos tres reás”. Compañía Centro Dramático Galego. -Venres 7 e sábado 8: Teatro (Comedia). “E.R. Algún día traballaremos xuntas”. Compañía Teatro do Atlántico. -Sábado 15: Teatro (Comedia). “El viaje del actor”. Compañía Arte Promociones Artísticas. -Domingo 23: Música. Concerto de Amaral “Hacia lo salvaje”. -Venres 28 e sábado 29: Teatro (Comedia). “O florido pensil”. Compañía EME2 Emoción&Arte. NOVEMBRO -Xoves 3: Música tradicional e clásica. Rosa Cedrón e Cristina Pato. “Muller”. -Sábado 5: Teatro (Comedia). “Kungfundidos”. Compañía Bucanero Teatro-Airapro Produccións. -Xoves 10: Música Celta. Susana Seivane. “Os soños que volven”. -Sábado 12: Teatro. “Contraacciones”. Compañía Carallada Show-Prem Teatro. -Xoves 17: Música Popular urbán galega. Marful. “Manual de Seducción”. -Sábado 19: Teatro (Comedia). “Atra Bile”. Compañía Ningures Producción, S.L. -Xoves 24. Música folk-fusión. Quinteto Bellón/ Maceiras. “Unión das terras”. -Sábado 26. Teatro. La Rous. “El refugio”. DECEMBRO -Xoves 1: Concerto de Blues-Rock. Victor Aneiros. -Sábado 3: Maxia. O Mago Teto representa “Novas Tolemaxias”. -Sábado 17: Música Rock. Di Elas-Di Elas. “Presentación Di Elas”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal