Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
REMATAN AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DO CENTRO DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN DE VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DE GANDO
O Concello tramita xa a licenza de apertura da instalación, ubicada no recinto feiral do Trece (Sedes).
Narón, 4 de Outubro de 2011.- O Concello de Narón ven de rematar as obras de construcción do Centro de Limpeza e Desinfección de Vehículos ubicado no recinto feiral do Trece, en Sedes. Estos traballos foron desenvolvidos no prazo de dous meses, cun orzamento total cercano ós 60.000 euros e contaron con financiación municipal (62%) e fondos europeos (38%). Así, a obra tivo un coste exacto de 58.386€ e estivo financiada como segue: Concello de Narón: 39.584€ Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural): 18.802€ Para comprobar o remate das obras, onte desprazáronse ata o recinto feiral do Trece a Concelleira de Feiras e Mercados, Mª del Mar Gómez, o Concelleiro de Obras Públicas, Angel Castro Rico, e o técnico da asociación Costa Noroeste -entidade que xestiona os fondos de Agader-, Fernando Rodríguez Fernández. Este último realizou un control da execución do investimento realizado nesta obra. Actualmente o Concello de Narón está a tramitar a licenza de apertura ante a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, e unha vez que estea concedida, o Centro de Limpeza e Desinfección de Vehículos funcionará alomenos dúas veces ó mes (o día 13, e o derradeiro domingo de cada mes).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal