Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O alcalde de San Carlos Alzatate agradece o apoio de Narón
Ronaldo Jiménez, alcalde da cidade guatemalteca de San Carlos Alzatate agradeceu en nome do seu pobo a solidariedade do Concello de Narón, que aportou 6.000 euros a un proxecto de formación de mulleres no citado municipio.
O proxecto que se desenvolve no país centroamericano pretende a formación e capacitación de grupos de mulleres organizadas para que poidan acceder a un máis alto nivel de renda, que redundará en beneficio das súas familias e na mellora das condicións de vida de miles de nenos e nenas. O Concello de Narón colaborou económicamente na adquisición de máquinas de coser para a súa utilización nun taller de corte e confección no que traballan corenta mulleres en quendas de mañá e tarde. San Carlos de Alzatate e Narón colaborarán tamén noutros proxectos educativos; máis concretamente, na dotación de dous institutos básicos dúas aldeas de difícil acceso do municipio. San Carlos de Alzatate é unha poboación de 15.000 habitantes situadaao ao pé do volcán Alzatate, en Jalapa (Guatemala), productora de maíz, frijol e café.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal