Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Adxudicadas novas obras no parque do río Freixeiro
As obras de construción da segunda fase do parque fluvial do río Freixeiro adxudicáronse á empresa Aopil por 211.878, 36 euros. Esta nova fase das obras permitirá aos veciños gozar, cando estean rematadas, dunha superficie verde de 23.000 metros cadrados.
A segunda fase das obras, que comezará en breve prazo, consiste na creación dun parque de tipo didáctico, no que se poda observar o ecosistema típico dun río galego. Nunha das novas áreas verdes crearase unha grande masa arbórea de cores fortes, noutras manterase a vexetación autóctona de ribeira, plantarase un grande tapiz verde e colocaranse bancos, sendas peonís na dirección da desembocadura do río, unha praza de madeira e alumeado público. A empresa Aopil presentou ao Concello a oferta máis barata das cinco que concorreron ao concurso, e permite un aforro ao municipio de casi 38.000 euros. O Concello de Narón tamén adxudicou as obras de mellora da accesibilidade no pavillón da Gándara (á empresa Construcciones M Pita por importe de 90.000 euros) e as de urbanización da rúa A Garda (á empresa Cuíña S.A., por importe de 56.400 euros), con baixas que supoñen, respectivamente, o 19 e o 6 por cento dos tipos de licitación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal