Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL ATENDEU A MÁIS DE 2.300 PERSOAS NO 2º SEMESTRE DO 2011
Este servizo está ubicado no 1º andar do Concello de Narón.
Narón, 28 de Febreiro de 2012.- A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada no 1º andar do Concello e dependente da Concellería de Mocidade que dirixe a edil Natalia Hermida, atendeu no 2º semestre do ano 2011 a un total de 2.358 persoas. Do total das consultas, 998 corresponderon a homes e 1.360 a mulleres, clasificándose nos seguintes grupos de idade: Idade Número de persoas Porcentaxe Menores de 14 anos 274 11,62% De 15 a 19 anos 524 22,22% De 20 a 29 anos 710 30,11% Maiores de 30 anos 850 36,04% As consultas foron realizadas entre o 1 de xullo e o 30 de decembro de 2011, no horario de atención ó público do Concello (de luns a venres, de 8:00 a 13:30 horas). Os temas sobre os que efectuáronse as consultas foron principalmente o emprego (940 consultas), estudios e formación (663) e Formación Ocupacional (310). Ademáis, a OMIX ofreceu información sobre carnés (152), bolsas e axudas (60), campamentos e viaxes (58), programas da Xunta (39) e asociacionismo (8). Ademáis das 2.358 visitas presenciais no segundo semestre do 2011, a Oficina Municipal de Información Xuvenil atendeu 1.900 peticións feitas por correo electrónico e a través da web da Concellería de Mocidade, www.dameuntoke.eu Este portal web recibiu un total de 6.848 visitas no período sinalado anteriormente, e outras 14.945 visitas a páxinas do portal web. Ademáis, dameuntoke ten 3.034 seguidores en Facebook e outros 59 en Twitter. A OMIX realizou actividades complementarias á atención á mocidade, coma Obradoiros de educación afectivo-sexual e prevención de drogas en centros educativos (con 179 alumnos), Obradoiros de graffiti para mozos/as (con 15 participantes), e clases de baixo, guitarra e batería na Escola de Música Moderna de Narón (con 30 alumnos). Tamén puxo a disposición dos grupos de música xove as Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade (A Gándara), empregándoas un total de 9 grupos nese semestre.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal