Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UN CURSO PARA COIDADORES FAMILIARES CON DEPENDENTES Ó SEU CARGO
Os interesados poden presentar a solicitude no Rexistro Xeral Municipal ata o 18 de maio.
Narón, 9 de Maio de 2012.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, presentou hoxe en rolda de prensa un curso de formación dirixido a coidadores familiares de persoas dependentes. Trátase de accións formativas básicas, que se desenvolverán no Centro Municipal de Formación “Irmás Froilaz” (A Gándara) cun total de 20 horas lectivas (repartidas entre 8 horas de sesión de grupo, e 12 horas de asesoramento individual, este último no domicilio). Haberá un máximo de 10 prazas para este curso, cuxo prazo de inscrición finaliza o vindeiro 18 de maio. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8:30 a 13:30 horas, cubrindo o formulario que se achega neste sitio. Á hora de realizar a selección de participantes, terán preferencia os coidadores familiares non profesionais, que sexan usuarios dos servizos sociais e non teñan concedida a Lei de Dependencia, e teñan un nivel de renta baixo. Para presentar as solicitudes, é requisito imprescindible levar empadroado máis de 6 meses en Narón, ter máis de 18 e menos de 65 anos de idade, e presentar unha declaración responsable de ser a persoa coidadora. Con este curso, trátase de adestrar de maneira rápida ós coidadores familiares que non son profesionais, a unha nova situación de vida na que deben adoptar funcións e roles distintos. Así, aprenderán a identificar as necesidades dun dependente (coma coidar a súa nutrición, protocolizar a súa medicación, e ofrecerlle coidados sanitarios), a realizar mobilizacións de persoas encamadas sen lesionarse eles, e a coñecer os recursos públicos dispoñibles e a tramitación necesaria para acceder ós mesmos. Ö longo de 8 horas, un experto en atención a persoas dependentes encargarase de adestrar ós participantes en grupo, e durante 12 horas máis atenderá as preguntas ou necesidades individuais de cada un deles. Contido do obradoiro: -Identificación do perfil da persoa dependente e as características psicosociais. -Identificación de variables psicofamiliares. -Coidados básicos de aseo, hixiene persoal, e hixiene doméstica. -Mobilizacións. -Asepsia e profilaxe no coidado de escaras. -Protocolos de seguimento das medicacións e control. -Coidados básicos e atención nutricional. -Detección de necesidades da persoa dependente e satisfacción das mesmas. -Profesionais de referencia e recursos do Sistema de Atención á Dependencia. -Protocolos e organización dos coidados.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es