Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CLAUSURA DA XXIII EDICIÓN DO CERTAME INTERCENTROS DO CONCELLO DE NARON
Máis de 700 escolares de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato participaron neste concurso que rende homenaxe ás Letras Galegas.
Narón, 16 de Maio de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, clausurou hoxe a XXIII edición do Certame Intercentros, que contou coa participación de máis de 700 escolares de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato de Narón. A gala na que se rendíu homenaxe a Valentín Paz Andrade, transcurríu no Auditorio Municipal da Praza de Galicia, onde se entregaron os seguintes galardóns: -Modalidades de murais, conto, conto ilustrado e cómic (participaron alumnos de Educación Infantil e Primaria) -Modalidades de narrativa, poesía, cómic e teatro escrito (alumnado de ESO e Bacharelato) -Modalidades de reportaxe radiofónica e xornalística (alumnado de Bacharelato) -Modalidade de expresión oral (alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, e Ciclos Formativos) -Cartel anunciador das Letras Galegas 2012. Ademáis, o Alcalde de Narón entregou un único premio, con carácter solidario, para o alumnado de LenÇois-Bahía, (Brasil) pola súa participación neste certame, dando a coñecer a súa realidade social e cultural. Recolleu o premio Juan Pernas, membro da directiva da ONG Lena, quen colabora con esta rexión de Brasil. José Manuel Blanco agradeceu a participación masiva do alumnado neste certame, e lembroulles a importancia de continuar formándose academicamente e persoalmente, “xa que vos sodes o futuro”, destacou. A gala contou tamén coa actuación do grupo de teatro “O Aturuxo de Melpómene” que representou un skech humorístico sobre unha entrevista ficticia a Valentín Paz Andrade, protagonizado polos actores María Veiga e Iván González. A relación de centros de ensino que participaron no Certame Intercentros foi a seguinte: CEIP Virxe do Mar, CEIP A Gándara, CEIP de Piñeiros, CEIP Ponte de Xuvia, CRA de Narón, CEIP A Solaina, CPI O Feal, IES Terra de Trasancos, e IES As Telleiras. O centro organizador do Certame Intercentros 2012 foi o CEIP Virxe de Mar, que deixa agora paso ó Colexio Rural Agrupado (CRA) de Narón, que organizará a XXIV edición do Certame Intercentros do Concello de Narón.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es