O Concello aporta 257.000 para o fomento do deporte de base no municipio.
Narón, 22 de Maio de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe 11 convenios deportivos con asociacións e clubs deportivos da cidade, en diferentes disciplinas deportivas, por importe total de 257.000. Con estas aportacións anuais, o Concello sella así o seu compromiso co deporte que se ven realizando en Narón con enorme éxito deportivo e alta participación da mocidade. Temos preto de 3.500 persoas facendo deporte a diario en Narón, e iso para nos é un logro destacable, cuxo éxito depende en boa parte do traballo que fan os equipos e clubs que hoxe asinan estos convenios, declarou o primeiro edil.
A relación de clubs ou entidades e os importes dos convenios son os seguintes:
CLUB REMO NARON 7.500
AGRUPACION DEPORTIVA SANTIAGO APOSTOL 28.000
SOCIEDADE DEPORTIVA O VAL DE NARON 45.000
CLUB CIDADE DE NARON 71.000
CLUB DE GOLF CAMPOMAR 15.000
CLUB NARON VOLEA 5.500
CLUB ATLETISMO NARON 33.000
ESCOLA SUPERIOR DE KARATE 9.000
CLUB DE TENIS DE MESA CIDADE DE NARON 9.000
CLUB BALONMAN NARON 12.000
AGRUPACION DEPORTIVA NAUTICO DE NARON 22.000
IMPORTE TOTAL 257.000
Na firma de convenios tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, quen comentou que este municipio é un referente importantísimo no mundo do deporte galego, grazas a todos vos. Temos que seguir traballando nesta liña e dende o Concello de Narón a pesares da crisis seguimos apostando polo fomento do deporte de base, declarou a edil.
Na mesma liña expresouse o Alcalde, sinalando que a cultura, o deporte, a infancia e a dependencia son os catro pilares fundamentais do noso municipio, e imos intentar que permanezcan inalterables a pesares das dificultades económicas que estamos a sufrir os concellos, indicou José Manuel Blanco.
O esforzo foi agradecido polos representantes das entidades que acudiron á firma dos convenios, coma a Agrupación Deportiva Nautico de Narón, cuxa presidenta tomou a palabra para agradecer que nestes tempos tan difíciles, o Concello siga a estar apoiándonos. Tamén o presidente do Club de Golf Campomar explicou que nos está costando manter as actividades do club pero sen a vosa axuda sería xa imposible. Por último, o presidente do Cidade de Narón de Fútbol engadíu que nesta época de capitalismo salvaxe, é de agradecer que unha institucion cumpla as súas promesas, e vos o fixéchedes sinalou en referencia ó Concello de Narón.