Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O RALLYE DE NARÓN CUMPLE 25 ANOS, E SE CELEBRA DO 8 Ó 10 DE XUÑO COA PARTICIPACIÓN DE 122 PILOTOS NACIONAIS
O percorrido divídese en 7 tramos cronometrados polos municipios de Cerdido, San Sadurniño, Somozas, Valdoviño, Moeche e Narón.
Narón, 1 de Xuño de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu hoxe a presentación da 25ª edición do Rallye ‘Cidade de Narón’ que terá lugar os días 8, 9 e 10 de xuño coa participación confirmada de 122 pilotos (a metade deles, procedentes da comarca de Ferrolterra e 27 dos mesmos son do club Siroco Team Naron). O rexedor destacou a importancia dunha proba destas características, que vai máis alá do aspecto deportivo ó terse convertido nun acontecemento social que congrega a numerosos afeccionados a este deporte, ademáis de ser un auténtico revulsivo para a hostaleria. “Resulta moi difícil atopar no mundo do deporte un club como o Siroco, que veñen facendo a mesma proba durante 25 anos, sen perder a ilusión e que ademáis continuan mellorando ano tras ano. Os meus parabéns á organización, pero tamén quero facer un chamamento ó público para que extremen as precaucións á hora de disfrutar do rallye”, comentou Blanco. Esta 25ª edición do Rallye de Narón divídese en 7 tramos cronometrados, que discurrirán por Cerdido, Lamas (San Sadurniño), Somozas, Vilaboa (Valdoviño) e Moeche, establecéndose o parque pechado no exterior do Centro Comercial e de Ocio ‘Dolce Vita Odeón’. En total suman 125 kilómetros cronometrados. A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, destacou a importancia desta convocatoria, calificándoa coma “a proba máis importante que ten Narón en cuanto a repercusión social e deportiva, e tamén en cuanto a dotación económica”; sinalou a edil. O presidente do Club Siroco Team, Antonio Sueiras, explicou que esta é unha proba de enorme complexidade, en cuxa organización participarán 750 persoas, e que conta cun orzamento que supera os 120.000€.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal