PRESENTACIÓN DA GALA BENÉFICA "XUNT@S POLO SÁHARA" NA QUE ACTUARÁ O ARTISTA RAMIL
Se celebra o sábado 16 de xuño no Pazo da Cultura, coa participación do Grupo de Bailes de Salón de Tedaga e da bailarina de Shakti Danza, Rosa Fernández Salanova.
Narón, 4 de Xuño de 2012.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, presentou hoxe en rolda de prensa a Gala Benéfica Xunt@s polo Sáhara que se celebrará o sábado 16 de xuño no Pazo da Cultura de Narón, organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
A recadación desta gala se destinará íntegramente a financiar o desprazamento e a estancia estival en Narón dos nenos/as saharauis que forman parte do programa Vacacións en Paz. Neste ano virán inicialmente ó municipio un total de 7 nenos/as saharauis (o mesmo número que en 2011), a maioría deles (5) grazas ó convenio de colaboración entre a asociación e o Concello. Pero existen aínda outras dúas familias de acollida que estarían dispostas a participar neste programa en Narón, aínda que o problema é a escasez de fondos para asumir a viaxe.
Esté é o motivo da Gala Benéfica, cuxas entradas costarán 10 e están xa á venda nas taquillas do Pazo. A Gala incluirá un concerto do artista Ramil, ex concursante de OT e orixinario da comarca de Ferrolterra. Tamén haberá unha exhibición de Bailes de Salón da Escola de Baile do Padroado, e outra exhibición de Shakti Danza a cargo de Rosa Fernández Salanova.
O cantante Ramil participou hoxe na rolda de prensa, e anunciou que na Gala Benéfica estará acompañado dun trío de músicos de jazz cos que interpretará diferentes estilos musicais, dende o fado ata o propio jazz, pasando pola canción galega e incluso o pop eou o swing.
A Concelleira de Acción Social explicou que o momento económico no que nos atopamos en España é difícil pero pensamos que con iniciativas coma ésta, totalmente altruista, podemos seguir axudando ós máis desfavorecidos; sinalou Catalina García. Pola súa parte, Maite Pagán, delegada da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, agradeceu ó Concello e ó cantante Ramil a súa colaboración desinteresada para facer realidade este proxecto.