O ENCONTRO LOCAL DA MOCIDADE REÚNE A MÁIS DUN CENTENAR DE MOZOS NA CASA DA MOCIDADE DA GÁNDARA
Celébrase o venres 15 de xuño de 16:00 a 2:00 horas, con entrada libre.
Narón, 15 de Xuño de 2012.- A Casa da Mocidade de A Gándara acollerá hoxe (entre as 16:00 e as 2:00 horas) o 10º Encontro Local da Mocidade A mocidade e a música no que se desenvolverán actividades deportivas e musicais nas que participarán perto de 150 mozos/as de Narón e outros tantos da bisbarra e de Galicia.
Organizado pola Concellería de Mocidade de Narón, que dirixe a edil Natalia Hermida, o Encontro vai dirixido a mozos/as dende os 14 ata os 30 anos, especialmente para os que estean entre os 16 e os 23 anos.
O Encontro articúlase entorno a diferentes accións: exhibición e obradoiro de graffiti, actuacións musicais dos grupos Vodevil e Wolfram (das aulas de ensaio da Escola de Música Moderna), actuación dun DJ, un coro e un grupo musical, e diferentes obradoiros (tuneado e graffiteado de camisetas, tenis de mesa, tiro con arco, abaloiros, chaveiros e outras artesanías).
(Adxúntase o cronograma das actividades previstas)