Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A POLICÍA LOCAL HABILITA 12 NOVAS PRAZAS DE APARCAMENTO NA AVENIDA RAFAEL BÁREZ
O estacionamento pasa a realizarse en semibatería invertida, e a maniobra deberá realizarse marcha atrás.
Narón, 26 de Outubro de 2012.- A Policía Local de Narón ven de cambiar o sentido do estacionamento na Avenida Rafael Bárez (na zona de “Ciudad Europa”, frente ó Pazo da Cultura) para darlle maior seguridade á circulación. Así, na marxe esquerda desta avenida –onde ata o de agora estacionábase en liña- o estacionamento é dende onte en semibatería invertida. A maniobra de aparcar faise agora marcha atrás, con visibilidade semellante a cando se estaciona en ringleira. A incorporación á circulación é moito máis segura, porque aumenta o campo de visión do conductor. Outra das vantaxes é que a manipulación de obxectos no maleteiro faise dende a beirarrúa, e non dende a calzada, e polo tanto de forma segura. Ademáis, con esta nova forma de estacionamento téñense gañado 12 prazas máis, o que supón un incremento do 60% do estacionamento nese espazo, onde antes podían aparcar en liña un total de 20 vehículos. Por outro lado, para facilitar o cambio de sentido da marcha e o estacionamento dos vehículos que se incorporan á Avenida Rafael Bárez dende a Estrada de Castela, a Policía Local habilitou onte unha nova semiglorieta (no cruce da Avenida Rafael Bárez coa rúa Vilar Ponte, frente ó Centro de Maiores Manuela Pérez Sequeiros).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal