Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CELEBROU O DÍA DE NARÓN CUNHA DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA, MÚSICA, EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA E DEPORTE
O dia 23 de novembro convidouse ós veciños a degustar filloas e chourizos, nunha carpa instalada na Praza de Galicia.
Narón, 25 de novembro de 2012.- O Concello de Narón conmemorou o 23 de novembro, festividade local, cun programa de actividades lúdicas e deportivas durante toda a xornada. Unha das propostas que contou con maior participación foi a degustación gastronómica realizada baixo carpa na Praza de Galicia. En horario de 12 a 14 e de 16 a 19 horas, os veciños/as degustaron filloas e chourizos, de xeito gratuito. A empresa Tartas Lestedo desprazou ata Narón a súa máquina para producir filloas en serie, permitindo así atender a tódolos comensales en tempo record. A celebración estivo amenizada polo grupo de gaitas do Padroado de Cultura de Narón. Ademáis, na mesma carpa colocouse unha exposición fotográfica das obras realizadas polo Concello con cargo ó plan FEDER da Unión Europea, nos últimos 5 anos. Trátase de 18 actuacións de mellora do municipio, que foron expostas conxuntamente nun panel instalado especialmente para a ocasión. E xa pola noite, ás 21.00 horas, celebrouse a tradicional Gala do Deporte de Narón, no Pazo da Cultura. Ese ano cúmprese a 24ª edición desta festa na que se premiou ós mellores deportistas do ano en cada disciplina deportiva.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es