Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE DIRIXIDO A HOMES
Se desenvolverá nos Centros Comunitarios, e os interesados deberán inscribirse no Servizo Sociocomunitario Municipal (1ª pranta do Concello).
Narón, 14 de decembro de 2012.- A Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven de organizar un Obradoiro de Cociña Saudable dirixido a homes. Os talleres se realizarán nos Centros Comunitarios ‘Manuela Pérez Sequeiros’ e ‘Casas da Mariña’, e terán unha duración de 24 horas divididas en seis xornadas (venres e sábados, de 16:30 a 20:30 horas). Os interesados deberán presentar a correspondente solicitude no Servizo Sociocomunitario Municipal. O número de prazas é limitado (10 prazas por cada obradoiro). A través deste obradoiro, os participantes aprenderán a elaborar receitas saudables e sinxelas, a manipular alimentos e útiles de cociña, limpeza doméstica, organización da compra, técnicas e preparación de alimentos, e menús. Os obxectivos principais destos obradoiros son: aprender diferentes técnicas, habilidades e destrezas no eido da cociña, coñecer qué produtos son máis saudables e en qué cantidades para as persoas maiores, e promover que o ámbito comunitario do Concello sexa un espazo realmente corresponsable. Esta actividade forma parte do Programa de Atención ás Persoas Maiores, a través do cal se fomenta a educación para a saúde entre persoas maiores (nesta caso, homes). O Obradoiro de Cociña Saudable achegará ós asistentes conceptos e coñecementos elementais sobre nutrición, para que poidan ser utilizados e aplicados á vida cotiá. Ademáis, preténdese cocienciar do papel da alimentación na saúde e prevención das enfermidades, tanto físicas coma psicolóxicas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal