Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DE FERROLTERRA PRESENTA UN PROXECTO DE 'CROWDFUNDING' PARA DESENVOLVER NO MUNICIPIO DE NARÓN
O Concello estudiará a posibilidade de sacar adiante esta novedosa iniciativa empresarial.
Narón, 29 de Xaneiro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, recibiron hoxe no Concello á presidenta da Asociación de Emprendedoras da Comarca de Ferrolterra (AECOFE), Ana Armada, quen lles presentou o proxecto ‘Crowdfunding’. Trátase dunha iniciativa novedosa e pioneira na bisbarra, que se estudiará por parte do Concello para ver as posibilidades de financiamento que ten esta idea, e que foi calificada polos responsables municipais como importante e interesante. O ‘Crowdfunding’ é un proxecto que busca coñecer o interese que xenera un produto ou servizo antes de sacalo ó mercado, co fin de valorar a súa viabilidade e a do proxecto que se promove. Unha das características principais deste proxecto é o seu sistema de financiamento, a través de donacións de particulares que se convertirían en inversores do mesmo. Os cidadáns poderían propoñer iniciativas (proxectos) nun espazo web, no que os internautas poderían votar as propostas –tal e como se fai nas redes sociais- e posteriormente os encargados do Crowdfunding as estudiarían e executarían. Trátase dun proxecto pioneiro en España e en Galicia, segundo indicou Ana Armada.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es