Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 50 ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA PARTICIPAN NO ENTROIDO GASTRONÓMICO
Do 1 ó 12 de febreiro, pódense degustar gratuitamente tapas e pinchos típicos destas datas. Ademáis, Narón celebrará o Festival de Comparsas o sábado 9 no Pazo da Cultura.
Narón, 1 de Febreiro de 2013.- Un total de 51 establecementos de hostalería de Narón participan nas xornadas gastronómicas do Entroido 2013, dentro do programa Narón Gastronómico posto en marcha pola Concellería de Promoción Económica para promocionar os produtos locais, poñer en valor os establecementos de hostalería do municipio e incrementar a clientela. Os detalles do programa foron ofrecidos en rolda de prensa polo Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, quen estivo acompañado polo Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, que á súa vez presentou o Festival de Comparsas de Narón 2013. O programa Narón Gastronómico conta ademáis coa colaboración da Concellería de Turismo de Narón, dirixida pola edil María Rodríguez Porto, quen non puido asistir á rolda de prensa por motivos persoais pero apuntou que esta concellería utilizará tamén a marca Narón Gastronómico para promocionar o turismo culinario deste municipio. Do día 1 ó 12 de febreiro, ambos incluídos, os locais adheridos ao programa prepararán tapas e pinchos típicos do entroido que poderán ser degustados de forma gratuíta polos clientes que acudan durante estas datas. Ademáis, as persoas que vaian disfrazadas terán dereito a participar nun sorteo dunha cea para dúas persoas nalgún dos restaurantes ou tabernas participantes cumprimentando un boleto cos seus datos de contacto para comunicarlles o premio no caso de resultaren gañadores. O boleto introducirase nunha urna presente e ben visible en cada un dos locais participantes. O devandito sorteo celebrarase o día 14 de febreiro, ás 13:00 horas, no Concello de Narón. Sortearanse 10 ceas, que se disfrutarán nalgúns dos establecementos adheridos á promoción. Os clientes que acudan a estes establecementos poderán disfrutar de máis de 20 especialidades distintas de tapas e pinchos típicos do Entroido, todos elaborados con produtos locais e de tempada. Concretamente, os restaurantes, e as tapas coas que participan, son os seguintes: Café bar Vidal +3 (Tortilla con grelos e morros); Caña Aki (Orella con picante, revolto de grelos, orellas e filloas); Tokiño (Cocido completo); Mesón A Comarca (Orella con grelos); Cervecería Percha (Freixós de carne e crema); Mesón O Fogar (Revolto de grelos con carne, torradas de leite e freixós); Restaurante Ortegal (Revolto de grelos con gambas, lacón con patacas e chourizo); La Central (Manciñas de porco, tortilla con grelos, cocido, freixós e torradas de leite); Café-Bar Cazadores (Cocido completo); Cafetería Xanela (Revolto de grelos, tortilla, freixós e torradas de leite); Restaurante Fortunato (Sucruta de porco, orella con pemento, lacón); Café-Bar Gran Sol (Repolo con tripas, filloas e torradas de leite); Café Bar Bonxu (Cocido, tripas, orella con aceite e pemento); Hollywood (Cocido completo, grelos con costela); Taberna Chis (Cocido completo, grelos con orella e rabo), Mesón O Perdidiño (Caldo con costela, touciño, rabo, orella, filloas); Porto Astur (Lingua encebolada, cocido, filloas con mel), Mesón O Alecrín (Empanadiñas de lacón con grelos, filloas recheas); Café-Bar España (Orella á feira, patacas, grelos e lacón); Romero II (Pincho de Entroido); L.S. Club Solaina Xubilados (Pincho de Entroido); Cervecería Australian (Tira do Viño); Cervecería New Orleans (Pincho de Entroido); Bar Gaultier Cafetería (Vol ao vent Gaultier con ovo de codorniz); Cervecería O Druída (Brocheta de orella, tallaríns de morro, albóndigas de cocido, pizlloa de cocido); Cervecería Indalo (lacón con grelos, orella, chourizos ao viño); Mesón O Pío (Pincho de Entroido); Silver 200 Monjes (Bocados de entroido); Vinatería Philadelphia (Pincho de Entroido); O Recanto (Pincho O Recanto); Estrela da Castela (Pincho de Entroido); Ronsel. Praza do Concello (Orellas); Bar Terra-Chá (Freixós); Cervecería Plaza (Torradas de leite); Restaurante A Ponte (Pincho de Entroido); Cafe-Bar Marinito (Cocido, tortilla con roxós, chicharróns, orellas, liscos); Sidrería Astur (Tortos de maínzo con San Martín, Orella, Lacón, Casadielles); O Petisco (Cocido de xabarín); Bar Vituco (Callos, cocido, tripas, orella); Restaurante A Trasanquesa (Roxós con grelos); Café Bar Exedra (Pincho de Entroido), Cervecería O Paseo (Pincho de Entroido); O Pozo (Pincho de Entroido); Pizzería Plaza (Pincho de Entroido), Excelsior (Pincho de Entroido); Café Bar La Comarca (Pincho de Entroido); Vip Burguer (Freixós); O Rincón de Antonio (Lacón ao forno artesán con cabrales, ovo de codorniz con criollo e patacas, churrasco picante con cachelo á feira); Cafe-Bar Los Guajes (Lacón con grelos, torradas); La Barra de Orro (Pincho de Entroido); Romero I (Pincho de Entroido). Festival de comparsas Os días 7 e 9 de febreiro a xornada gastronómica estará dinamizada polas comparsas que animarán os distintos barrios. Paralelamente, o día 9 de febreiro, terá lugar no Pazo da Cultura o Festival de Comparsas co seguinte horario: - 17.00 horas. Concentración de comparsas na Praza de Galicia - 17.30 horas. Saída do Pasarrúas cara ao Pazo da Cultura - 18.00 horas. Inicio de Festival de Comparsas As invitacións para asistir ó Festival de Comparsas poden retirarse xa na taquilla do Pazo da Cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal