Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA O TRANSPORTE EN AUTOBÚS ÁS FACULTADES DO CAMPUS DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que se poderán tramitar dende o 26 de setembro ata o 7 de outubro
Narón, 23 de setembro de 2022. O Concello de Narón abrirá o vindeiro luns, día 26, o prazo de solicitude de axudas para o transporte de estudantes universitarios ás Facultades da Universidade da Coruña (UDC), no Campus da Coruña, durante o curso académico 2022-2023. As subvencións cubren o 50% do bonobús para el traslado diario dos universitarios ao campus da UDC e poderán solicitarse ata o 7 de outubro (incluído), tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo. A edil naronesa indicou que a partida global do Concello para estas subvencións ronda os 14.000 euros. As tramitacións realízanse a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.00 horas- a través do modelo oficial do Concello, que estará dispoñible no propio Rexistro e tamén na Sede Electrónica, donde se poderán tramitar, ao igual que a través doutros medios previstos no artículo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Os solicitantes deben estar empadroados no Concello de Narón, matriculados na UDC e non superar os umbrais de renda establecidos polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, entre outros requisitos. Para máis información pódese consultar a convocatoria do Boletín Oficial da Provincia ou a páxina web do Concello: www.naron.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal