Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA OFRECE UN GRAN VOLUME DE MATERIAL MANGA
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou algunhas das publicacións e materiais audiovisuais dispoiñibles nas instalacións, na Casa da Mocidade
Narón, 23 de setembro de 2022. A Axencia de Lectura da Gándara dispón dunha gran variedade de material manga, con diversas coleccións e películas, tal e como explicou a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo. Naruto. Kishimoto, Masashi; Monster Collection, One Punch Man, One Piece… forman parte das publicacións, mentres que entre os audiovisuais pódense solicitar DVDs como El viaje de Chihiro, Viaje a Agartha ou Wolf Children, entre outros. Taibo animou ás veciñas e veciños interesados no material manga a achegarse ás instalacións da Axencia de Lectura da Gándara, na Casa da Mocidade, de luns a venres entre as 17.00 e as 19.00 horas. Así mesmo, pódese contactar coas citadas instalacións a través do teléfono 981 390 918 e do correo electrónico: agandara.naron.rbgalicia@eidolocal.es Así mesmo, a edil naronesa recordou que este mesmo domingo, día 25, a Casa da Mocidade acollerá unha nova xornada de PokeNarón, con torneos, exposicións de consolas retro, xogos de taboleiso, manualidades, sorteos e un karaoke Pokémon. A convocatoria desenvolverase en horario continuado, de 15.00 a 21.00 horas e está organizada pola Asociación Cultural Gaikai.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es