Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PLATAFORMA CEMIT ABRIU HOXE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CURSOS "INTERNET E INFORMÁTICA BÁSICA" E "TRATAMENTO DE IMAXES/VÍDEOS E A SÚA DIFUSIÓN"
A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, indicou que as inscrición se tramitan a través da plataforma Cemit
Narón, 30 de xaneiro de 2023. A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición, hoxe, en dous cursos da plataforma Cemit que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia. A edil informou que se trata das accións formativas “Internet e informática básica” e “Tratamento de imaxes/vídeos e a súa difusión”. As persoas interesadas en anotarse poden inscribirse a través dos enlaces: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/41068 e https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/41069, respectivamente. As sesións impartiranse, en ambos casos, do 22 de febreiro ao 5 de abril. O curso de “Internet e informática básica” terá unha duración de 124 horas e impartirase en quenda de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. Fundamentación da informática, que é un computador, hardware e software, elementos dun computador, introdución ao sistema operativo, uso do procesador de texto, introdución a internet, á web 2.0 e á administración electrónica son algúns dos temas que abordará o alumnado. En canto ao curso de “Tratamento de imaxes/vídeos e a súa difusión”, terá tamén unha duración de 124 horas, que se impartirán neste caso en quenda de tarde, dende as 16.00 ata as 20.00 horas. As alumnas e alumnos terán a oportunidade de abordar temas como pasar fotos e vídeos da cámara ao disco duro, retoques básicos de imaxe e de cor avanzados, reparar imaxes, efectos especiais, publicar imaxes na nube, engadir animacións e efectos visuais, agregar música e outros axustes de audio e vídeo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal