Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO FESTIVAL DE COMPARSAS DE NARÓN
As formacións interesadas en participar deberán tramitar as inscricións entre o 1 e o 3 de febreiro no Pazo da Cultura
Narón, 31 de xaneiro de 2023. As comparsas que desexen participar no Festival de Comparsas de Narón organizado polo Padroado da Cultura deberán anotarse dende mañá ata o venres 3 no Pazo da Cultura –de 9.00 a 14.00 horas-. Neses tres días formalizaranse as inscricións das formacións que actuarán no desfile e certame que se desenvolverá o 18 deste mes, sendo preciso presentar unha copia das letras que interpretarán e dar os datos dun representante da formación. As comparsas sairán ás 17.00 horas da praza da Gándara en dirección á pista polideportiva da Solaina, onde sobre as 18.00 dará comezo o festival. En total poderán participar dez comparsas, sete de Narón e tres doutros concellos, que recibirán 800 e 400 euros, respectivamente en función da procedencia, como axuda económica. Cada comparsa debe ter un mínimo de quince integrantes, na maioría con máis de 14 anos e poderán actuar durante un tempo que non superará os dez minutos. Cancións sobre temas locais e en galego son dúas das premisas que terán que seguir os participantes, cuxas actuacións valorará un xurado profesional que puntuará: a orixinalidade dos disfraces, o enxeño da crítica, a calidade musical e o que cada actuación supoña de recuperación do Entroido en Galicia. Levarán unha figura conmemorativa do Entroido as tres comparsas que obteñan a puntuación máis elevada.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal