Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NOS TRABALLOS EN ALTURA E EN ESPAZOS CONFINADOS
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, avanzou que se ofertan un total de 15 prazas para esta acción formativa
Narón, 1 de abril de 2023. O Concello abrirá o vindeiro luns, día 3, ás 8.30 horas o prazo de inscrición nun curso de Prevención de Riscos Laborais nos traballos en altura e nos traballos en espazos confinados. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, avanzou que se ofertan un total de quince prazas para esta acción do Programa Municipal de Formación que se impartirá no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. En total impartiranse 16 horas de formación, do 18 ao 21 de abril en horario de mañá, de 9.30 a 13.30 horas, de martes a venres. Á formación sobre traballos en altura destinaranse oito horas, e outras tantas á de traballos en espazos confinados. Os contidos incluirán lexislación sobre os traballos en altura, traballos en cubertas e tellados, manexo de cargas, rescates en altura, colocación de equipos anti-caída (formación práctica), tipos de espazos confinados e as súas diferentes técnicas de traballo, equipos de detección de gases, de protección individual e de respiración autónomos e semiautónomos, técnicas e procedementos de rescate, sistemas de comunicación entre interior e exterior…, entre outros. Hermida informou de que o curso se dirixe a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e tendo preferencia as empadroadas en Narón, que non teñan concedido outro curso do Programa Municipal de Formación que coincida temporalmente na súa realización. A selección do alumnado será por rigoroso orde de inscrición no Rexistro e no caso de non cubrirse todas as prazas con persoas empadroadas en Narón, poderán realizar o curso veciñas e veciños doutros concellos. O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 11 de abril ás 13.30 horas. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Narón, Sede Electrónica, e polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a Sede electrónica, sección de Servizos, Formación e Actividades Municipais ou contactar co Servizo Sociocomunitario, teléfono 981 33 77 00 (extensións 1108 e 1109).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal