Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NA LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA
A concelleira en funcións de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que se poden anotar menores de entre 3 e 12 anos
Narón, 8 de xuño de 2023. A Ludoteca municipal de Narón, localizada no número 2 da rúa Cardenal Cisneros (A Solaina) abriu o prazo de inscrición neste servizo ata completar a totalidade das prazas dispoñibles, que se dirixen a menores de 3 a 12 anos e preferentemente empadroados en Narón. A edil de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que as instalacións permanecerán operativas no verán dende o 23 deste mes ata o 8 de setembro, se ben en agosto, igual que en anos anteriores, pechará as súas portas. O horario de funcionamento nos meses de xuño e xullo será de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas, para realizar actividades e obradoiros coas nenas e nenos e de 13.00 a 14.00 para información, recollida de formularios e realización de inscricións no centro. En total ofértanse 80 prazas –vinte por grupo- para menores de 3 a 6 anos e de 7 a 12 anos. As familias poden elixir entre as quendas do luns, mércores e venres de 10.00 a 13.00 horas, para o grupo azul (3 a 6 anos) e o verde (7 a 12 anos) ou os martes e xoves de 10.00 a 13.00 horas para o grupo laranxa (3 a 6 anos) ou vermello (7 a 12), decantándose por unha opción das dúas posibles en cada franxa de idade. Para solicitar máis información pódese acudir á Ludoteca e tamén chamar ao número de teléfono 981 389 284 ou escribir un correo electrónico á dirección: ludoteca@naron.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal