Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESENVOLVERÁ O PROXECTO XUVENIL "MÓVETE NA CASA DA MOCIDADE" DURANTE A SEMANA SANTA
O edil de Mocidade, Pablo Mauriz, explicou que se trata dunha iniciativa para mozas e mozos de entre 12 e 16 anos
Narón, 20 de marzo de 2023. O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, anunciou o proxecto municipal “Móvete na Casa da Mocidade”. Trátase dunha iniciativa, tal e como avanzou, dirixida a mozas e mozos de Narón de entre 12 e 16 anos, concebida como un espazo de socialización en torno ao xogo. Mauriz explicou que se desenvolverá coincidindo co período non lectivo de Semana Santa, os días 3, 4, 5, 8 e 10 de abril, en horario de 17.30 a 20.30 e que non será precisa inscrición previa. “Móvete na Casa da Mocidade” ofertará nesas xornadas unha serie de obradoiros e tamén espazos que funcionarán de xeito continuado. Entre estes últimos, todos os días haberá unha zona de videoxogos, outra de xogos cooperativos –futbolín, dardos e xogos de mesa-, un espazo de lectura xuvenil e outro creativo. Así mesmo, cada día desenvolverase un obradoiro centrado nunha temática, comezando o día 3 cunhas “Xornadas de presentación con dinámicas de grupo” e continuando o 4 cun “Scape room medioambiental”; o 5 cun obradoiro de reciclaxe creativa con crochet; o 8 con outro de “Lettering” e o día 10 cunhas “Xornadas de xogos de rol e de mesa”. “Trátase dunha oferta moi variada, deseñada pensando nas idades das persoas ás que se destina esta iniciativa e que parte da aposta do goberno local por ampliar a oferta de ocio do colectivo e dinamizar a Casa da Mocidade con propostas diferentes e que, como no caso do programa Casa Aberta que se levou a cabo no Nadal, tiveron unha excelente acollida”, asegurou Mauriz. A través das inquedanzas, gustos e afeccións dos participantes fomentarase e facilitarase a súa adquisición de determinadas habelencias e recursos, fomentando tamén as relacións entre iguais e dándolles un espazo propio de lecer na cidade coincidindo cun período de tempo libre ao tratarse dun período non lectivo, indicou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal