Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS LOCAIS SOCIAIS DE PEDROSO E SAN MATEO ACOLLERÁN A VINDEIRA SEMANA CHARLAS SOBRE O CONTROL DA VESPA VELUNTINA
O Concello colabora coa Asociación Galega de Apicultura e as entidades veciñais na organización destas convocatorias
Narón, 23 de marzo de 2023. O Concello colabora coa Asociación Galega de Apicultura, e tamén coa Sociedade Cultural A Pombiña e a Agrupación veciñal de San Mateo, na organización de dúas charlas que se levarán a cabo a vindeira semana no marco da campaña “Stop vespa velutina”. As convocatorias realizaranse o vindeiro luns 27 ás 19.00 horas no local de “A Pombiña”, en Pedroso, e o martes 28 ás 18.30 horas no local social da Agrupación Veciñal San Mateo, e están abertas á participación da cidadanía en xeral. O técnico apícola Rafael Nieto será a persoa encargada de impartir as charlas, nas que se falará sobre o control primaveral de raíñas e como evitar niños próximos ás vivendas, a fabricación de trampas e atraíntes, actuacións ante niños (aviso, retirada e precaucións) e primeiros auxilios por picaduras. Dende a Asociación Galega de Apicultura inciden na importancia de concienciar á veciñanza sobre os riscos que supón ter cerca das vivendas un niño de vespas velutinas. Así mesmo, recalcan que o xeito máis eficaz para contener a propagación desta especie é reducir o número de raíñas cando saen da súa hibernación, para o que resulta fundamental o trampeo na tempada de primavera, entre os meses de marzo e maio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal