Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
LICITADA A CONTRATACIÓN DA OBRA DE ACONDICIONAMENTO DO LOCAL SOCIAL DO ALTO
Un novo espazo social municipal estruturado para facilitar a interrelación social e a realización de actividades en beneficio da cidadanía da contorna
Narón, 15 de outubro de 2021. O Concello de Narón licitou a contratación da obra de acondicionamento do local social municipal sito na rúa Rosal do Alto do Castiñeiro cun presuposto de 252.858,93 euros. O local resultante ten unha superficie construida de 298 m2 que contará cunha superficie útil distribuida da forma seguinte: Sala multidisciplinar de 105,00 m2, Cafetería de 52,00 m2, Sala 1 de 36,00 m2, Almacén xeral de 13,00 m2, Oficina de 9,00 m2, Ambigú de 13,00 m2, Office de 11,00 m2, Despensa de 6,00 m2, Limpeza de 4,00 m2, Aseo de 8,00 m2, Aseo de 4,00 m2, e Pasillos de 11,00 m2. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que con esta obra se contará cun novo espazo municipal a disposición dos veciños e veciñas cunhas características estruturais axeitadas ás necesidades da comunidade da contorna que facilitará a interrelación cidadá e a realización de moitos tipos de actividades dirixidas a todas as idades.

<<< Novembro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14 15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
www.naron.es