Narón, 3 de Xullo de 2008.- A Concellería de Cultura de Narón ven de presentar a 5ª edición do Certame de Habaneras de Narón, organizado pola Sociedade Cultural Areosa (de Piñeiros) en colaboración co Padroado de Cultura. A Edil responsable, Manuela Pérez Sequeiros, explicou que este evento terá lugar os días 4, 5 e 6 de Xullo no Auditorio Municipal. Por primeira vez, se amplía a duración do Certame a tres días, xa que son moitas as corais que participarán no mesmo, sinalou respecto ás nove agrupacións musicais previstas.
A gran novidade desta edición é que o Certame comezará o venres día 4 ás 20:30 horas cun concerto inaugural a cargo da Coral Andrés del Río Abaurrea de Ceuta, da que actuarán como teloneiros a Coral Polifónica Ferrolana.
Na xornada do sábado, as actuacións comenzarán ás 19 horas co concertó da Coral A Pombiña (de Pedroso), para continuar co Orfeón de Moaña (Pontevedra), a Coral Polifónica de Quiroga (Lugo) e a Coral Polifónica Ortegana (Ortigueira).
O domingo día 6, ás 19:30 horas actuará a Coral Polifónica San Valentín (Fene), a Coral Amistad (O Couto), e a Coral da Sociedade Cultural Areosa, que pechará o acto en calidade de alma mater deste festival.
Un ano máis, a Sociedade Cultural Areosa tratao de que este festival trouxese a Narón corais chegadas dende toda a xeografía galega e algunha doutro lugar do Estado, sen esquecer a comarca de Ferrolterra. Ademáis, estn presentes dous corais de Narón, que van alternando a súa participación cada ano. Nesta 5ª edición, as convidadas son Amistad e A Pombiña, das parroquias de O Couto e Pedroso.