Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ILUMINARÁ HOXE A GLORIETA DE FREIXEIRO CON MOTIVO DO "DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO PERTHES"
O Consistorio e a Asociación de Familias con Perthes conmemoran o 17 de xaneiro para dar visibilidade á enfermidade de Legg-Calvé-Perthes
Narón, 17 de xaneiro de 2022. O Concello iluminará esta noite a glorieta de Freixeiro co obxectivo de dar a coñecer a enfermidade de Legg-Calvé-Perthes e achegarse ás familias dos menores afectados e persoas adultas que sofren as súas secuelas. A Asociación de Familias con Perthes, constituída no ano 2014, solicitou ao Consistorio que se iluminase algún espazo da cidade do cor do logotipo da entidade. A enfermidade de Legg-Calvé-Perthes é, tal e como indicaron dende a asociación, unha necrose avascular na cabeza de fémur causada pola falta de rego sanguíneo e a súa orixe é descoñecida. Afecta a 1,5 de cada 10.000 menores, maioritariamente varóns e de idade entre 3 e 12, pero con maioría entre os 6-8 anos. O 17 de xaneiro do ano 1869 naceu en Alemaña George Perthes e dende o ano 2016 conmemórase esta data como Día da Concienciación do Perthes para darlle visibilidade a esta enfermidade, considerada como rara.

<<< Setembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
www.naron.es