Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SUSPENDIDA A REPRESENTACIÓN DA OBRA "CIGARREIRAS" PREVISTA PARA ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO
O positivo en Covid-19 dunha das actrices do elenco obriga a suspender a representación, que se reprogramará para o vindeiro trimestre
Narón, 19 de xaneiro de 2022. A representación do espectáculo teatral “Cigarreiras”, da compañía Contraproducións e de Teatro Romea, prevista para este venres e sábado no Pazo, suspendeuse debido a que unha das actrices do elenco deu positivo en Covid-19. Dende o Padroado da Cultura solicitan desculpas polas posibles molestias ocasionadas e informan que o citado espectáculo se reprogramará no vindeiro trimestre deste ano. En canto ás entradas vendidas ao público xeral, as persoas que tivesen as correspondentes ao pase do venres 21 -20.30 horas- poden solicitar a devolución do importe no despacho de billetes do Pazo ata o propio venres ás 20.00 horas e no caso das do sábado 22 -20.00 horas- poderán solicitar a devolución ata ese último día, tamén ás 20.00 horas. Aos abonados devolveráselles de inmediato o importe das entradas e ao público xeral seguindo o mesmo modo de pago utilizado para a compra das mesmas.

<<< Setembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
www.naron.es