A cita fixouse para a tarde do sábado 29 de maio, na Praza de Galicia. Poden participar tódolos nenos/as da bisbarra.
Narón, 27 de Maio de 2010.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de colaborar coa ONG Lena (con sede en Narón) na organización dos VII Xogos Solidarios, dirixidos a nenos e nenas de Narón e bisbarra, que poden participar xunto cos seus pais, nais e avós.
Se celebrarán o vindeiro sábado 29 de maio a partires das 16:00 horas na Praza de Galicia (en caso de choiva, trasladaránse á Casa da Mocidade). Para participar tan só é necesario inscribirse esa mesma tarde nunha mesa que se habilitará na propia praza. Ó rematar os xogos, os nenos/as recibirán unha merenda e unha camiseta da ONG Lena.
Os xogos que se levarán a cabo, segundo explicou a presidenta da entidade, Mercedes Taibo, son os tradicionais coma o tiro de corda, brilé, pano, chapa, carreira de sacos, zancos, futbolín, baloncesto, 3 x 3, e un obradoiro de xoguetes. Esta iniciativa nace coa intención de que os pais e nais se involucren en xoguen cos seus fillos, algo que non se fai habitualmente na sociedade tan individualizada na que estamos , sinalou Mercedes Taibo.
Ademáis, estos Xogos Solidarios serven tamén para dar a coñecer o traballo que leva a cabo a ONG Lena na rexión de LenÇois, en Bahía (Brasil) onde ten un proxecto cultural do que forman parte 160 nenos/as dese lugar. Nacida en 2005, a ONG Lena conta na actualidade con 120 socios de Narón e comarca.
A Concelleira de Mocidade fixo un chamamento público a tódolos pais e nais para que acudan xunto cos seus fillos este sábado á Praza de Galicia, a participar nos Xogos Solidarios, declarou Natalia Hermida.