A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO ACOLLE A II FEIRA-MOSTRA DO LIBRO USADO E DE SEGUNDA MAN
Desenvólvese do 21 ó 25 de abril, coincidindo coa celebración do Día do Libro. A entrada é de balde.
Narón, 24 de Abril de 2014.- A Concellería de Ensino e Bibliotecas de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, está a desenvolver dende o pasado luns 21 de abril a II Feira-Mostra do Libro Usado e de 2ª Man. O evento celébrase na Biblioteca Municipal do Alto, en horario de 17:00 a 20:00 horas e con entrada libre.
Cada un dos postos participantes dispón de máis de 25 libros, que poñen a disposición dos lectores para a venda ou o troco.
A II Feira-Mostra do Libro Usado e de 2ª Man ten como obxectivo facilitar un punto de encontro dos usuarios da Biblioteca con outros lectores, favorecendo así o intercambio cultural. Ademáis, está a servir para difundir a función da biblioteca coma axente promotor das actividades culturais, sobre todo as relacionadas co libro e a cultura.