Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ACOLLERÁ EN XUÑO DE 2015 O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BAILES LATINOS
Tamén se disputará a Copa Promoción para o ascenso de categoría e o XIV Trofeo Cidade de Narón de Baile Deportivo. Agárdase a participación de 600 parellas de baile.
Narón, 18 de Xullo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, veñen de recibir á directiva da Federación Española de Baile Deportivo, representada no seu presidente, Luis Vañó, e vicepresidenta, Araceli Castaño. Os responsables desta federación viaxaron ata Narón para asinar un acordo co Concello, para a celebración do Campionato de España de Bailes Latinos os días 20 e 21 de xuño de 2015. Paralelamente, se disputará a Copa Promoción para o ascenso de categoria e o XIV Trofeo Cidade de Narón de Baile Deportivo. En conxunto, o municipio agarda a participación aproximada de 600 parellas de baile. O Campionato de España de Bailes Latinos estará organizado pola Federación Española de Baile Deportivo en colaboración co Concello de Narón e o Club de Baile Deportivo Narón. Este último conta con 86 licencias de baile, o que o converte no primeiro club de Galicia en número de deportistas federados nesta especialidade, e o segundo de España. Estas cifras, xunto co interese mostrado polo Club de Baile Deportivo Narón, fixeron que a Federación Española de Baile Deportivo se decantase por este municipio como sede para o Campionato de España de Baile Latino 2015. Na reunión tamén estiveron presentes os directores do club naronés, Román Romero e Sandra García.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal