Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLE A REPRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL "LOS MALDITOS"
O PAZO DA CULTURA ACOLLE A REPRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL
Profesionais da compañía Unahoramenos Producciones impartirá a maiores dous cursos intensivos para alumnado e exalumnado da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón
Narón, 14 de febreiro de 2017. A compañía Unahoramenos Producciones representará o vindeiro venres e o sábado, días 17 e 18, no Pazo da Cultura a obra teatral “Los Malditos”, escrita por Antonio Lozano. A peza, de teatro contemporáneo, dirixida por Mario Vega, ten unha duración de algo máis dunha hora. A representación do venres dará comezo ás 20.30 horas e a do día seguinte ás 20.00. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, menores de 14 anos e persoas desempregadas.
“Los Malditos” aborda temas como a escravitude e a trata de mulleres, así como moitos outros dramas sociais. Armando é un dos protagonistas, un xornalista uruguaio asentado nas Palmas de Gran Canaria que chega alí cos seus pais na década dos 70, fuxindo da ditadura. Armando traballa nunha prestixiosa canle realizando reportaxes e nunha das súas viaxes ao Congo coñece a un home ao que axuda a vir a España. Este último namórase dunha prostituta e co tempo, unha das mellores amigas dela é asasinada. Armando, o seu amigo e a súa noiva comezan entón unha investigación paralela á policial para tratar de esclarecer o acontecido.
A presenza en Narón esta fin de semana da compañía teatral Unahoramenos Producciones servirá ademáis para celebrar nos vindeiros días dous cursos intensivos, un de Interpretación, co prestixioso actor uruguaio Gustavo Saffores, e outro sobre Utilización de Novas Tecnoloxías na posta en escena, co recoñecido director canario Mario Vega. Así o anunciou a vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, que explicou que os cursos terán lugar os días 16 e 20 deste mes e se dirixen a alumnado e exalumnado da Escola de Formación de Actrices e Actores da Escola de Teatro de Narón.
O vindeiro xoves, día 16, terá lugar o Curso de Interpretación, con Gustavo Saffores, actor e especialista en entrenamento actoral. Poderán acudir alumnas e alumnos de segundo e terceiro curso da Escola de Formación de Actrices e Actores e desenvolverase entre as 19.00 e as 22.00 horas no Auditorio municipal de Narón.
A segunda das propostas, sobre Utilización de novas tecnoloxías na posta en escena, co produtor e director de escena Mario Vargas, diríxese a exalumnas e exalumnos da Escola de Formación de Actrices e Actores e ao alumnado actual de primeiro a terceiro curso. Será o vindeiro luns, 20 de febreiro, tamén no Auditorio municipal e en sesión intensiva de 19.00 a 22.00 horas.
Ferreiro explicou que os cursos son de balde, se ben destacou que para poder participar nos mesmos é preciso ter asistido a algunha das representacións de “Los Malditos” programadas en Narón polo Padroado da Cultura. O alumnado que asista ás sesións formativas terá un desconto habitual do 30% no prezo da entrada, que se fará extensivo nesta ocasión ás exalumnas e aos exalumnos interesados en realizar o impartido por Mario Vega. As inscricións deben realizarse chamando ao teléfono 606 415 349, en horario de 18.00 a 20.00, antes do vindeiro 17 de febreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
25
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal