Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O GRUPO DE MÚSICA CELTA LUAR NA LUBRE ACTUARÁ NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN
O GRUPO DE MÚSICA CELTA LUAR NA LUBRE ACTUARÁ NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN
A formación interpretará o 20 de maio temas do seu último disco, "XXX Aniversario" e tamén outros recoñecidos clásicos da súa intensa traxectoria musical
Narón, 16 de maio de 2017. O Pazo da Cultura de Narón acollerá este sábado, día 20, un concerto do grupo galego de música celta Luar na Lubre. A cita dará comezo ás 20.00 horas e as entradas están á venda na billeteira do Pazo ou na páxina web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, menores de 14 anos e desempregados.
Luar na Lubre interpretará temas do seu último disco, titulado “XXX Aniversario”, con trinta cancións, entre elas tres versións actualizadas de composicións gravadas anteriormente: “Morrison´s jig”, “O soldado desgraciado” e “Dun tempo para sempre”, que combinarán na actuación con outros clásicos recoñecidos pola gran traxectoria deste grupo. Recoñecido a nivel autonómico e estatal, Luar na Lubre conta, entre outros, con nove Premios de Música concedidos pola SGAE e pola Academia de las Artes y de la Música, un premio “Mestre Mateo” pola música do seu DVD “Un bosque de músicas” e dous discos de ouro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2017 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal