Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO O ESPECTÁCULO "ZAMPÓN O LAMBÓN"
O PAZO ACOLLERÁ O VINDEIRO DOMINGO O ESPECTÁCULO
A representación, a cargo da compañía Urdime Propostas Culturais e dirixida ao público familiar, comezará ás 18.00 horas
Narón, 17 de maio de 2017. Música, títeres e actores compartirán escenario con xigantes e cabezudos o vindeiro domingo, 21 de maio, no Pazo da Cultura. A compañía Urdime Propostas Culturais será a encargada de representar, a partir das 18.00 horas, o espectáculo “Zampón o lambón”, dirixida a público familiar (a partir de 4 anos).
Os protagonistas deste espectáculo son o investigador Brais e o músico de banda Chispín, dous heroes que se enfrontarán ao devorador de palabras máis lambón do mundo, o xigante Zampón, para poder tocar ante o pobo de Ledicia. Brais e Chispín terán que superar varias probas para que esta historia remate cun final feliz.
As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da páxina web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral; de 6,65 para abonados e desempregados e de 5,50 para menores de 14 anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal