Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA COLABORA CO ATURUXO DE MELPÓMENE NUN "CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AMADOR"
O PADROADO DA CULTURA COLABORA CO ATURUXO DE MELPÓMENE NUN
A convocatoria desenvolverase nas instalacións do Auditorio municipal e as entradas aos espectáculos son de balde
Narón, 11 de setembro de 2017. O Padroado da Cultura de Narón colabora co Aturuxo de Melpómene e coa Federación Galega de Teatro Afeccionado nunha nova edición do “Circuíto Galego de Teatro Amador” que se convoca no Auditorio municipal. O vindeiro domingo, día 17, terá lugar a representación da obra “A túa tenrura, Molotov”, da compañía Axóuxere Teatro e dirixida ao público adulto. Este ciclo inclúe dous espectáculos máis, que serán todos a partir das 20.00 horas e con entrada de balde, debendo recollelas o propio día da representación no Auditorio Municipal, na praza de Galicia, tal e como explicou a vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro.
Na obra “A túa tenrura, Molotov”, o público terá a oportunidade de ver unha comedia, protagonizada por Daniel e Victoria, un matrimonio que desexa ter un fillo, que debe ser varón. O humor e a crítica estarán presentes en todo momento, atacando duramente á clase media.
O domingo día 24 deste mes subirase ao escenario o elenco da obra “Os carniceiros”, da compañía Teatrino, nunha representación tamén pensada para o público adulto e dirixida polo actor ourensán José Vaquero. A obra está ambientada nun campamento militar no que tres cirurxiáns deben encargarse das persoas que chegan feridas, para mantelas con vida.
O último dos espectáculos programados neste ciclo é “Ás portas”, da compañía Paso de Valverde, e terá lugar o 1 de outubro. Neste caso trátase dunha peza dirixida a maiores de 12 anos e na que as protagonistas son Ana e María, dúas mulleres que teñen un irmán que está na guerra, loitando polo seu país. O papel que desempeñan as fronteiras é unha das constantes na temática desta obra, na que se analiza a súa función.
A vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, anunciou tamén que as persoas que acudan a ver estes espectáculos terán a oportunidade de participar nun sorteo –en cada unha das funcións- no que se entregarán dúas entradas para un espectáculo que terá lugar no Pazo da Cultura.
Así mesmo, Ferreiro animou aos veciños e veciñas de Narón a acudir a estas representacións, “que ofrecen a posibilidade de gozar de espectáculos de gran calidade, a cargo nesta ocasión de compañías de teatro galegas, que ofrecen aos diferentes tipos de público obras enmarcadas en xéneros moi variados e que amosan o excelente traballo que se está facendo desde hai anos en Galicia a nivel teatral”.


Descarga de archivos
CartelTamaño: 240,03 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal