Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PRIMEIRA EDICIÓN DA "FEIRA PEQUENIÑ@S" CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA
A PRIMEIRA EDICIÓN DA
O evento, organizado polo Concello, reunirá no pavillón Campo da Serra, en Santa Icía, a unha vintena de expositores relacionados cos sectores do lecer, a moda, a saúde e a educación
Narón, 1 de decembro de 2017. Nas instalacións do pavillón Campo da Serra, en Santa Icía, xa se ultiman os preparativos para celebrar esta fin de semana, mañá e o domingo, a primeira edición da Feira Pequeniñ@s. Durante os dous días, en horario ininterrompido de 11.00 a 20.30, os visitantes terán a oportunidade de ver unha vintena de expositores relacionados co lecer, a moda, a saúde e o ensino, tal e como indicou a edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez. A concelleira naronesa animou á veciñanza de Narón e comarca a acudir a este evento, no que ademais haberá obradoiros dirixidos a nenas e nenos e charlas para os maiores.
Entre os expositores participantes estarán Noelia Soto Estudio Fotográfico, Parque infantil Burbujas, Tech Academy for kids&teams, St. JohnsŽs of English, María98 Centro de Psicoloxía, Alecrín Psicopedagogía y Logopedia SL, Marcos Vázquez Fotografía, English Connection, Happy Bake, Koke´s, Woonka, Explorer 66 e Damariña Espacio Disciplinar. Trátase de empresas, xunto con outras participantes –o listado completo pódese consultar no enlace: http://www.naron.es/web/cat/web/cat/gal/noticias/get/2452/- de Narón pero tamén procedentes doutros municipios da comarca, como Ferrol, Fene… que quixeron sumarse a esta novidosa proposta organizada polo Concello naronés.
Os establecementos participantes ofrecerán importantes descontos e promocións á posible clientela, tal e como indicou Gómez, que recordou que os pais e nais serán os destinatarios –de 12.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.30 horas- dunha serie de charlas nas que varios profesionais lles darán algunhas pautas relacionadas coa educación dos fillos e fillas. Obradoiros de robótica, cociña, globoflexia e pintacaras, entre outras propostas, completarán esta primeira edición da Feira Pequeniñ@s no pavillón Campo da Serra, tal e como recordou Gómez.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
25
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal