A Xunta de Goberno Local na sesión realizada o 10 de xullo aprobou a convocatoria de subvencións municipais
A Xunta de Goberno Local na sesión realizada o 10 de xullo aprobou a convocatoria de subvencións municipais para entidades, de acordo coas bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión de 21 de setembro de 2006, publicadas no BOP o 13-10 -06, nas áreas seguintes:
• Socioeducativa
• Sociocultural
• De interese Social
• Participación cidadá e Mocidade
• Medioambiental
• Saúde
A convocatoria foi publicada no BOP nº 185 do día 12 de agosto de 2008 e están expostas no taboleiro de edictos do Concello.
As solicitudes, donde constan os requisitos, poderán recollerse no Servizo Sociocomunitario e deberán presentarse no Rexistro Xeral do concello, desde o día 13 de agosto ata o día 11 de setembro, ambos inclusive.