Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO MANTÉN ABERTO O PRAZO PARA QUE A VECIÑANZA PARTICIPE NA ELABORACIÓN DE CINCO ORDENANZAS MUNICIPAIS
O CONCELLO MANTÉN ABERTO O PRAZO PARA QUE A VECIÑANZA PARTICIPE NA ELABORACIÓN DE CINCO ORDENANZAS MUNICIPAIS
As persoas que desexen participar no proceso poderán facelo, sempre que cumpran uns requisitos previos, ata o vindeiro 17 de maio a través da plataforma Narón Participa
Narón, 14 de maio de 2018. O Concello de Narón mantén aberto, a través da plataforma virtual Narón Participa, o prazo para que as veciñas e veciños de Narón, así como as entidades que cumpran os requisitos establecidos, participen no proceso de elaboración de determinadas normas. Nesta ocasión, terán de prazo ata o vindeiro xoves, día 17 –abriuse o pasado 2 de maio- para plantexar as suxerencias que consideren oportunas sobre cinco normas xurídicas referidas ás áreas de Medio Ambiente, Urbanismo e o Servizo Sociocomunitario. Deben facelo rexistrándose na plataforma Narón Participa, a través das webs: www.naronparticipa.es ou naronparticipa.gal, se ben tamén se pode acceder desde a páxina web do Concello de Narón –www.naron.es- e desde o Portal de Transparencia municipal -https://naron.transparencialocal.gob.es/.
Nesta ocasión, estanse a tramitar os procesos correspondentes á modificación da ordenanza reguladora das Actividades nos montes e espazos forestais e a da Tenencia, defensa e protección dos animais de compañía e potencialmente perigosos (Medio Ambiente), para adaptalas á normativa actual; elaborarase unha norma específica sobre a Regulación de soportes publicitarios en chan municipal ou de titularidade privada e tamén se aprobará un novo Regulamento de uso interno da Biblioteca municipal e outro da Ludoteca municipal, tal e como se recordou desde o goberno local.
Na actualidade o proceso está na fase de consulta pública, polo que durante quince días – contados desde o pasado 2 de maio- está aberto o prazo para que se presenten propostas previas á redacción do texto das citadas ordenanzas. Unha vez que remate este período, o vindeiro xoves, pasarase á fase de audiencia, na que se publicará a través da Alcaldía o borrador do documento redactado polos técnicos municipais e tralo que se abrirá novamente un prazo de quince días para a participación cidadá. Neste momento xa se recollerán, no caso de considerarse oportuno, as suxerencias da fase anterior. E, por último, as veciñas e veciños e entidades poderán por terceira ocasión formular as propostas que consideren cando trala aprobación inicial no pleno e a publicación no BOP do documento, trámite previo á súa aprobación definitiva, se abra o pertinente período de alegacións.
A través da plataforma Narón Participa as persoas que teñan cumpridos 16 anos empadroadas en Narón ou as asociacións que se consideren potencialmente afectadas polas ordenanzas sobre as que se abriu un proceso nesta plataforma virtual, poden participar na redacción das citadas normas, atendendo aos prazos previamente establecidos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal