Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O MERCADO DE PRIMAVERA OFRECERÁ ESTA FIN DE SEMANA ARTESANÍA, MODA, GASTRONOMÍA E MÚSICA NO PARQUE FLUVIAL DO RÍO FREIXEIRO
O MERCADO DE PRIMAVERA OFRECERÁ ESTA FIN DE SEMANA ARTESANÍA, MODA, GASTRONOMÍA E MÚSICA NO PARQUE FLUVIAL DO RÍO FREIXEIRO
O evento desenvolverase do 15 ao 17 de xuño e reunirá na zona unha docena de postos de venda de diferentes produtos e dez food trucks, tal e como recordou a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez
Narón, 14 de xuño de 2018. A primeira edición do Mercado de Primavera organizado polo Concello de Narón ofrecerá a partir de mañá, e ata o vindeiro domingo día 17, artesanía, moda, gastronomía e música no Parque fluvial do Río Freixeiro. Algo máis dunha vintena de postos instalaranse na zona para que veciñanza e visitantes poidan desfrutar dunha nova proposta de lecer durante toda a fin de semana na cidade.
Unha docena de postos de venda de produtos da horta –froitas, alimentos ecolóxicos- de xardinería, decoración, moda e artesanía, compartirán espazo cunha decena de food trucks nas que se poderá degustar comida típica de diferentes países (xaponesa, italiana, mexicana, asiática, texana e tamén galega, entre outras opcións) –unha delas elaborará especialidades para persoas celíacas e outra de doces-. Así mesmo, reservarase un pequeno espazo para unha mostra de caravanas.
Na xornada de mañá no Mercado de Primavera abrirán a partir das 18.00 horas os postos de gastronomía, ata as 00.00, e o sábado e o domingo abrirán ás 11.00 e desde as 18.00. Tanto o sábado como o domingo, estarán operativos, a maiores dos postos de gastronomía, os de venda de diferentes tipos de produtos –de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas- e sucederanse, ao mediodía e pola noite, varias actuacións musicais. O día 16 actuará Miguel Alonso, a partir das 12.00 e 3D Band, ás 21.00 horas, mentres que o domingo será o turno de Matthew Ward, ás 12.00 e de Irene Caruncho –a moza cedeiresa gañadora da cuarta edición do concurso La Voz, de Tele 5-, a partir das 20.00 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal