Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA VINTENA DE HOSTALEIROS DA CIDADE PARTICIPARON NO OBRADOIRO SOBRE COCIÑA SAUDABLE E MENÚ ÁRTABRO
UNHA VINTENA DE HOSTALEIROS DA CIDADE PARTICIPARON NO OBRADOIRO SOBRE COCIÑA SAUDABLE E MENÚ ÁRTABRO
O Concello de Narón impulsa esta iniciativa a través do Club Narón Gastronómico, tal e como apuntou o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar
Narón, 25 de xuño de 2018. Unha vintena de representantes do sector hostaleiro da cidade participaron, entre as 17.30 e as 20.30 horas, no Obradoiro sobre cociña saudable e Menú Ártabro no que se explicaron as características do citado menú. O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, recordou que Miguel Campos, do restaurante A Gabeira, foi o encargado de impartir este obradoiro, no que colabora o Club Narón Gastronómico.
Os asistentes tiveron a oportunidade de realizar nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmáns Froilaz, na Gándara, unha serie de recetas deste Menú Ártabro, que será a base do programa 100.000 Motivos de Peso. Este menú, tal e como indicaron os responsables da iniciativa é básicamente a dieta Altántica da Costa Ártabra, que abrangue a zona comprendida entre o municipio de Ares e o Ortegal. “O obxectivo final desta proposta é que os hostaleiros da cidade ofrezan nas cartas dos seus establecementos algúns platos do Menú Ártabro, ampliando e mellorando a oferta gastronómica”, apuntou Villamar.
A iniciativa impulsada a través da Concellería de Promoción Económica aposta ademais por fomentar este Menú Ártabro en tódolos fogares de Narón, polo que a comezos do vindeiro mes de xullo se desenvolverán actividades dirixidas á cidadanía en xeral. Nesa ocasión a cita terá lugar no Auditorio municipal e alí os asistentes terán a oportunidade de informarse con técnicos en dietética sobre as vantaxas do consumo dos produtos que integran a dieta Ártabra. Tamén poderán practicar algunhas recetas que lles ensinará un cociñeiro ou cociñeira que asistirán á convocatoria, tal e como indicou Villamar e recibirán as pertinentes explicacións sanitarias a cargo do médico Carlos Piñeiro.
O calendario gastronómico de Narón pretende fomentar entre a cidadanía o consumo de produtos da zona, como o pemento do Couto, o Tomate Negro ou mariscos e peixes da ría, entre outros, para promover hábitos de vida saudables, mellorar a calidade de vida das persoas e previr certas enfermidades.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal