Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PLENO APROBA POR UNANIMIDADE SOLICITAR A FERROL VARIOS DOCUMENTOS PARA GARANTIR A LEGALIDADE DO PAGO DA DEPURACIÓN
O PLENO APROBA POR UNANIMIDADE SOLICITAR A FERROL VARIOS DOCUMENTOS PARA GARANTIR A LEGALIDADE DO PAGO DA DEPURACIÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, incidiu en que o Concello non se nega a aboar o servizo pero recalcou que para facelo requerirá tódalas garantías para as veciñas e vecinos de Narón
Narón, 28 de xuño de 2018. A corporación local de Narón aprobou por unanimidade solicitarlle ao Concello de Ferrol unha serie de documentación sobre o pago dos gastos de depuración correspondentes ao vertido de Narón, garantindo así a legalidade do mesmo. Neste punto, a alcaldesa, Marián Ferreiro, insistiu en que “o Concello de Narón en ningún momento se negou a pagar, pero queremos facelo coas pertinentes garantías para as nosas veciñas e veciños”.
No documento aprobado no pleno solicítase ao Concello de Ferrol que remita ao de Narón o acordo de aprobación da xustificación técnica e económica das contas recollidas na parte expositiva do acordo plenario remitido, avalada por persoal funcionario do Consistorio ferrolán e correspondentes ao período comprendido entre o 1 de agosto de 2017 e a data actual. A maiores, co fin de proceder ao abono das contías resultantes da xestión das instalacións entre o 3 de abril e o 1 de agosto de 2017, tal e como figura no escrito, “e co fin de non incorrer nin cooperar en actuacións que puideran resultar contrarias a dereito”, requírese a Ferrol que remita a Narón unha serie de documentación, entre ela as datas do remate efectivo da vixencia do convenio entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol sobre a encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración. Os títulos administrativos que amparen a xestión por parte de Ferrol da xestión da infraestrutura entre o 3 de abril e o 1 de agosto de 2017 e o da xestión por parte de Emafesa nese período están tamén entre os documentos solicitados ao Concello de Ferrol.
O pleno de Narón resérvase o dereito de exercer as accións que considere oportunas “co fin de evitar que unha empresa cun 49% de capital privado e por ende carente da condición de medio propio do Concello de Ferrol reciba dixitalmente a xestión dunhas instalacións que non son e nunca foron propiedade dese consistorio”. No texto laméntase o feito de que o Concello de Ferrol non respostase en sete meses ao requerimento formulado desde Narón e sublíñase que Narón quere verter na EDAR, unha instalación de titularidade estatal, ao igual que o emisario submarino de Cabo Prioriño e outras infraestruturas deste servizo.
Así mesmo, a corporación local respaldou por unanimidade o acordo de colaboración entre os concellos de Narón e Valdoviño relativo á rede de saneamento. No documento contémplase a cooperación voluntaria entre ambas administracións para atender o servizo nunha serie de vivendas localizadas en Valdoviño, nas proximidades dos límites de ambos concellos e próximas a colectores de saneamento e abastecemento do municipio naronés e xestionados pola empresa Cosma. O convenio terá unha vixencia inicial de catro anos (prorrogables) e entrará en vigor unha vez que os dous concellos o aproben no pleno e se publique no BOP.
Unánime foi tamén a aprobación da modificación de integrantes dos Consellos Territoriais que no caso da Asociación Narart pasará a ser Juan Zaplana, no da AVV da Gándara, o titular Juan Muíña e como suplente Elena Varela e en representación da Asociación Gaikai estarán Beatriz López de titular e Juan Manuel Barcón como suplente.
A corporación local acordou co respaldo de todos os grupos resolver por mutuo acordo o contrato de concesión das obras do Parque eólico singular Monte dos Nenos de Narón, co que se procederá a devolver á empresa Cobra Concesiones SL a garantía depositada no seu día contemplada no contrato.
No apartado de mocións o Grupo Mixto presentou unha a través de EU solicitando que se rebaixe o período mínimo de empadroamento que se esixe para solicitar axudas sociais dependentes do Concello de Narón para persoas en risco de exclusión social. Na actualidade solicítanse seis meses tralo respaldo unánime da corporación local pasarán a tres.
A moción de ENE para instar á Deputación a mellorar a ampliación da estrada do Trece (DP-5404) non saíu adiante. Neste punto, o portavoz de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que hay un compromiso do presidente da Deputación coa alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, para solventar os problemas relativos aos accesos ás vivendas.
O tripartito naronés –TEGA, PSOE e BNG- presentou unha moción, que obtivo o respaldo de EU e ENE sobre o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ instando á Xunta e a todas as organización políticas do Parlamento a impulsar a Lei Galega de Identidade de Xénero, recollendo as reivindicacións do colectivo. Reclámase tamén o desenvolvemento e aplicación da Lei 2/2014 pola Igualdade de Trato e Non Discriminación de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais de Galicia en tódolos ámbitos sociais e dotar orzamentariamente esa lei. Tamén o tripartito, co respaldo de EU e ENE, aprobou unha moción en apoio á loita contra a mina de Touro, instando á Xunta a eliminar os focos de contaminación de metais pesados para garantir que a citada explotación non comprometa a calidade ambiental do río Ulla e da ría de Arousa.
Dentro da orde do día saíu tamén adiante unha moción de TEGA en defensa do sistema público de pensións, instando ao goberno a aplicar unha subida mínima do 8%, crear unha renda básica para persoas en risco de exclusión social e supresión dos copagos sanitarios, eliminar as desgravacións para os plans de pensións privados e un incremento tamén do 8% en pensións non contributivas e subsidios para maiores de 52 e 55 anos. A proposta da alcaldesa, Marián Ferreiro, o texto trasladarase como declaración institucional.
Fóra da orde do día rexeitáronse dúas mocións do PP. Unha sobre os recibos da rodaxe, sobre a que o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, indicou que a instancias da alcaldesa enviouse un escrito á Deputación (anterior á presentación da moción) no que se amosaba a preocupación polo retraso no envío dos recibos aos domicilios. A través dun escrito da administración provincial recoñeceuse a existencia dun problema e indícase que “a actuación que se desenvolveu foi a menos perxudicial posible e causou uns problemas e prexuízos moi limitados aos contribuíntes”, aos que piden desculpas, e tamén aos concellos afectados.
A segunda moción do PP rexeitada foi sobre os investimentos nos colexios de Narón. Dadas as graves deficiencias que se poden ver en distintos colexios da cidade, algúns con máis de 50 anos como o de Virxe do Mar, o goberno local continúa, sen éxito, reclamando a sinatura dun convenio, tal e como se aprobou na pertinente moción de novembro do ano 2017, a dúas bandas entre o Concello e a Xunta para elaborar un informe das necesidades nos centros. O Concello, a pesares de carecer de competencias directas en actuacións que non sexan de mantemento básico, reitera o seu ofrecemento á Xunta para aportar ata o 50% do importe total das actuacións consideradas prioritarias e urxentes en centros escolares da cidade.
Por último, acordouse por unanimidade declarar como "“persoas non gratas"” no Concello de Narón a José Ángel Prenda Martínez, Alfonso Jesús Cabezuelo Entrena, Jesús Escudero Domínguez, Ángel Boza Florido e Antonio Manuel Guerrero Escudero, integrantes de “La Manada” e dar traslado do acordo á representación legal destes cinco condenados pola agresión sexual xulgada na Audiencia Provincial de Iruña e tamén á representación legal da vítima.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal