Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A CONCELLEIRA DE TURISMO ANIMA Á VECIÑANZA A PARTICIPAR NO "IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
A CONCELLEIRA DE TURISMO ANIMA Á VECIÑANZA A PARTICIPAR NO
A edil Natalia Hermida anunciou a aprobación das bases deste certame, que se poden consultar na páxina web do Concello de Narón
Narón, 6 de xullo de 2018. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou a aprobación das bases da novena edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón. O prazo para poder presentar imaxes a este certame abrirase o vindeiro mes de setembro, pero a edil naronesa animou á veciñanza a consultar o contido das mesmas “para poder aproveitar tamén a tempada estival de cara a realizar e seleccionar as fotografías coas que queren optar aos premios deste concurso”.
A convocatoria diríxese a persoas maiores de idade e as imaxes deben reflectir a riqueza de Narón, na área patrimonial ou na monumental, arqueolóxica, en materia de espazos naturais de interese, de lecer, cultura, tecnoloxía ou festas populares. “O concello de Narón ten que ser o espazo recoñecible a través dalgún elemento destas fotografías”, subliñou Hermida, que apuntou que se repartirán un total de 1.200 euros en premios –o primeiro de 750, o segundo de 300 e o terceiro de 150-. Un xurado especializado concederá ata un máximo de 30 puntos a cada unha delas, valorando a súa calidade técnico-artística, a orixinalidade e o grao de representatividade do Concello (con ata 10 puntos en cada un destes criterios).
As fotografías, que deberán presentarse con pseudónimo, deberán entregarse no Rexistro do Concello (Praza de Galicia, s/n; CP: 15570, Narón) entre as 8.30 horas do 17 de setembro e as 13.00 horas do 28 de setembro, tal e como apuntou a responsable da área de Turismo da cidade.
Hermida recordou que “as doce imaxes con máis puntuación ilustrarán o calendario de sobremesa que o Concello editará para o ano 2019”. A edil naronesa convidou ás persoas interesadas en participar “a aproveitar as múltiples actividades culturais, deportivas, festas e outras propostas de lecer que se desenvolverán entre este mes de xullo e o vindeiro setembro na nosa cidade para realizar as fotografías para presentar a este certame, que cada ano conta con máis participantes, non só de Narón senón tamén procedentes doutros concellos”.
As persoas interesadas en consultar as bases completas desta convocatoria poden facelo a través da páxina web do Concello de Narón, no enlace: http://www.naron.es/web/docs/BasesIXConcursoFotografia.pdf ou no Boletín Oficial da Provincial (BOP) do 6 de xullo, donde xa están publicadas. Para calquera aclaración sobre este concurso pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1517).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal