Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O SPEIS REALIZOU ESTE ANO MÁIS DE 270 SERVIZOS ESPECIAIS DE RETIRADA E CONTROL DE NIÑOS DE VESPA VELUTINA
O SPEIS REALIZOU ESTE ANO MÁIS DE 270 SERVIZOS ESPECIAIS DE RETIRADA E CONTROL DE NIÑOS DE VESPA VELUTINA
O concelleiro de Protección Civil e Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, asegurou que entre os meses de maio e novembro poden chegar a retirarse entre dous e tres niños de velutinas ao día
Narón, 13 de setembro de 2018. O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón realizou no que vai de ano un total de 274 accións para loitar contra a vespa velutina. O concelleiro de Seguridade Cidadá e Protección Civil, Guillermo Sánchez Fojo, destacou o labor realizado no que vai de ano “para tratar de erradicar unha especie de vespa que se está reproducindo dun xeito alarmante e que supón un importante perigo para o ecosistema, ao matar ás autóctonas, e tamén para aquelas persoas alérxicas ao seu veleno”.
“Os meses de inverno son os de menos actividade das vespas velutinas, incrementándose considerablemente durante a primavera, a partir do mes de maio, e aproximadamente ata novembro, cando se retiran os niños secundarios”, explicou Sánchez Fojo. En canto ás medidas de control, o edil naronés indicou que, en función dos casos concretos, “se aplica un método ou outro, e nos casos nos que se require, que son a maioría, realizando un control posterior”. Nos meses máis problemáticos en canto á detección dos niños “estanse retirando entre dous e tres diarios en ocasións”, tal e como apuntou o edil, que especificou que despuntaron os casos rexistrados nas zonas urbana e interurbana “probablemente porque é máis sinxelo localizar os niños, porque nas zonas con moitas árbores están máis agochados e ás veces é complicado velos se teñen folla ou se os niños están lonxe de núcleos habitados”.
Dos 274 servizos especiais prestados referentes á vespa velutina, un total de 133 correspóndense con inspeccións ou sistemas de trampeo colocados naquelas ubicacións nas que se retiran os niños de velutinas. A extracción con neutralización é o sistema que máis se aplicou no total destas intervencións, en concreto en 93 casos. Este sistema consiste, tal e como indicou Sánchez Fojo, “en encapsular nun saco o niño e metelo nun conxelador a temperaturas moi baixas para, pasados uns días, cremalo nunha especie de forno nas propias instalacións do SPEIS”. A cremación dos niños de vespas velutinas “in situ” practicouse nun total de 20 casos, en horario nocturno ao igual que a maior parte deste tipo de actuacións con esta especie, por ser o momento no que se localizan todas as velutinas no interior, o que supón un mellor resultado á hora de tratar de erradicalas.
A maiores, colocáronse sete trampas noutras tantas ubicacións nas que se observou que, unha vez retirado o niño volvían a facer outro no mesmo lugar. Esas trampas, conteñen un atraínte que evita que as vespas velutinas fagan outro niño na zona donde están colocadas.
En canto aos controis doutras especies, como a vespa común, abellas ou outros insectos, contabilizáronse un total de vinte servizos este ano e, a maiores, informouse sobre un dos niños calificado como “non prioritario” a empresa Tragsa.
“O SPEIS de Narón conta cun equipo humán perfectamente preparado para este tipo de intervencións e cuns medios en moitos casos únicos nesta comarca que lles permiten empregar varios métodos de actuación co obxectivo de acadar os mellores resultados e continuar loitando para erradicar esta especie invasora”, ao tempo que denunciou “a falta de máis colaboración por parte de administracións supramunicipais”, subliñou Sánchez Fojo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal