Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ULTIMA OS TRABALLOS DE REFORMA DO XARDÍN DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O CONCELLO ULTIMA OS TRABALLOS DE REFORMA DO XARDÍN DA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O edil de Servizos, Ibán Santalla, explicou que se está instalando rego autonático para mellorar a conservación do céspede e se plantarán varias especies ornamentais
Narón, 24 de outubro de 2018. O Concello ultima os traballos da reforma do xardín da Biblioteca municipal e instalación de rego automatizado, un proxecto que suporá ás arcas locais un desembolso de 13.368 euros. O edil de Servizos, Ibán Santalla, explicou que a actuación que se executa desde hai uns días nas inmediacións destas instalacións permitirá mellorar considerablemente toda a zona verde que rodea ao edificio.
“Estase instalando un sistema de rego automatizado para conservar mellor o céspede que bordea a Biblioteca municipal, que non tiña en determinadas épocas do ano os niveis óptimos de humidade e secaba a tempadas chegando incluso a desaparecer”, explicou Santalla. Así mesmo, o edil avanzou que nun área duns 95 metros de perímetro plantáronse setos, concretamente na confluencia do perímetro do edificio coa zona verde.
Así mesmo, Santalla indicou que tanto no acceso á sala de adultos como á zona infantil da Biblioteca se plantarán unhas especies ornamentais e asegurou que os traballos estarán rematados antes de finais deste mes. “Barrio a barrio continuamos avanzando na mellora das zonas verdes do noso concello, e tamén nas parroquias do rural, para conservalas no mellor estado posible”, apuntou o edil, que incidiu en que “nesa mesma liña é na que continuaremos traballando desde o grupo de goberno, para que Narón continúe sendo esa cidade na que querer vivir e cunha ampla oferta en servizos e infraestruturas para as nosas veciñas e veciños”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal