Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL CONCILIAESCOLA NADAL
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL CONCILIAESCOLA NADAL
As persoas interesadas en participar nalgunha das dúas quendas habilitadas poderán anotarse ata o 19 de novembro e deben cumprir unha serie de requisitos, tal e como indicou a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio
Narón, 12 de novembro de 2018. O Concello de Narón abre hoxe o prazo de inscrición no programa municipal ConciliaEscola Nadal. As nenas e nenos de entre 4 e 12 anos, empadroados en Narón e nos casos nos que traballen os dous membros parentais poden anotarse a través da Sede Electrónica do Concello desde hoxe ata o vindeiro 19 de novembro. A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, avanzou que se estableceron un total de dez prazas para cada unha das quendas desta iniciativa e recordou que a taxa a abonar é de 8,15 euros por participante e quenda. “Un ano máis poñermos en marcha esta iniciativa co fin de colaborar na conciliación da vida laboral e familiar das veciñas e veciños de Narón, ofrecéndolles unha alternativa lúdica e, ao tempo, didáctica para os nenos e nenas durante estas datas de vacacións escolares do Nadal”.
Os participantes poderán elixir entre as dúas propostas habilitadas para cada unha das quendas, a do 24, 26, 27 e 28 de decembro e a do 31 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro. Durante esas xornadas, as instalacións da Escola de Domirón acollerán unha serie de actividades entre as 7.30 e as 14.00 horas (con posibilidade de transporte de volta), podendo elixir tamén un segundo horario, de 9.00 a 14.00 (transporte de ida e volta). Os autobuses contrataranse no caso de que exista un mínimo de seis solicitudes por quenda e realizarán varias paradas en función da demanda, se ben os horarios de ida –o de volta será sempre ás 14.00- comunicaranse oportunamente antes do inicio da actividade. As paradas, no caso de realizarse, estableceranse na Casa da Mocidade (A Gándara); no polideportivo Campo da Serra (A Solaina); no Concello (O Alto); na Praza do colexio de Xuvia, nos Centros Cívicos de Piñeiros, San Mateo e Sedes; na Cooperativa do Val; no Pazo Libunca (San Xiao); no Paraxe (Castro), e xunto ás igrexas de Doso e Pedroso.
As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario, chamando ao número de teléfono 981 337 7 00 (Extensións: 1113 e 1115).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2019 >>>

LMMXVSD
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
18
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal