Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PORTAVOCES DA CORPORACIÓN LOCAL RECIBIRON NO CONCELLO AO DELEGADO SAHARAUI EN GALICIA
PORTAVOCES DA CORPORACIÓN LOCAL RECIBIRON NO CONCELLO AO DELEGADO SAHARAUI EN GALICIA
Os voceiros de TEGA, PSOE, BNG e EU reuníronse con Mohamed Zerga e trasladáronlle o apoio e compromiso do Concello coa causa do pobo saharaui
Narón, 13 de novembro de 2018. O portavoz de Terra Galega e primeiro tenente de alcalde da cidade, Guillermo Sánchez Fojo, presidiu hoxe, ás 12.00 horas, o acto de recepción oficial ao delegado saharaui en Galicia, Mohamed Zerga. Á convocatoria asistiron tamén os voceiros do PSOE, Catalina García; BNG, Teresa Sabio, e EU, André Abeledo, ademais da presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, e representantes da entidade en Ferrolterra e Galicia.
Sánchez Fojo desculpou ao inicio da xuntanza a ausencia da alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que non puido acudir ao acto. O portavoz de TEGA agradeceu a Mohamed Zerga que se desprazase a Narón e destacou que desde a cidade sempre se apostou por colaborar coa causa saharaui. A sinatura do convenio con Sogaps, a través do que se desprazan a Narón nenas e nenos saharauis para pasar o verán con familias de acollida – programa “Vacaciones en Paz”- é unha desas mostras de colaboración que, como indicou Sánchez Fojo, continuará manténdose xunto con outras posibles propostas de promoción desta e outras iniciativas relacionadas co pobo saharaui.
Aludíu tamén o portavoz de TEGA á moción presentada polo representante de EU a favor da causa saharaui e que foi aprobada con 20 dos 21 votos dos edís da corporación local, lendo na xuntanza os acordos adoptados. Ao igual que Sánchez Fojo, que calificou de “moi dolorosa” a situación dos campamentos de refuxiados saharauis, as portavoces do PSOE e do BNG e o de EU amosaron o seu total respaldo ao pobo saharaui e a colaboración do Concello para tratar de solventar a actual situación.
Na súa intervención, Mohamed Zerga agradeceu en nome do Goberno Saharaui e da Fronte Polisaria o respaldo do Concello de Narón, “que nos anima a continuar a nosa loita polo noso dereito á autodeterminación, que é básico e vital para calquera persoa no mundo”. Zerga subliñou que “o pobo saharaui ten a vontade de continuar traballando e non nos cansaremos nunca ata acadar os nosos obxectivos” e recalcou o “apoio de amigos e institucións como o Concello de Narón, que nos animan a continuar nesta loita a pesares de escoitar as promesas incumpridas das Nacións Unidas e de que nós aínda confiamos en que se cumpran para evitar unha guerra”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal