Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNS 650 ESTUDANTES ASISTIRON A UNHA CHARLA DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA NO PAZO DA CULTURA
UNS 650 ESTUDANTES ASISTIRON A UNHA CHARLA DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA NO PAZO DA CULTURA
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, acudiu á convocatoria, na que colabora o Concello de Narón e que organizaron o IES Cabo Ortegal e os naroneses de Trasancos e As Telleiras
Narón, 20 de novembro de 2018. O IES Cabo Ortegal, xunto cos IES Terra de Trasancos e o das Telleiras, en colaboración co Concello organizaron a charla de divulgación científica “A música da mente”, que se celebrou no Pazo da Cultura. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, acudiu tamén á convocatoria, acompañando aos preto de 650 alumnos e alumnas de cuarto curso de ESO e primeiro e segundo de Bacharelato de once centros de ensino de Narón e comarca e preto de corenta docentes.
O profesor Xurxo Mariño, Doutor en Ciencias Biolóxicas pola USC, foi o encargado de impartir esta sesión, que se dividiu en dúas partes. Na primeira delas fixo unha introducción sobre o sistema nervioso e o seu sentido evolutivo, para a continuación pasar a explicar a actividade eléctrica das neuronas, a conversión das descargas eléctricas en sons, o que permite escoitar o funcionamento do cerebro, tal e como apuntaron desde a organización.
No caso de Narón asistiron a esta charla 160 alumnas e alumnos do IES das Telleiras; 75 do IES Terra de Trasancos e 61 do CPI do Feal, indicou Taibo. A edil naronesa asegurou que “o obxectivo destas charlas, que se convocan unha vez cada curso escolar, é divulgar a ciencia entre o estudantado e achegárllela un pouco máis co fin de que poidan xurdir vocacións entre os alumnos e alumnas da comarca”.
A de hoxe foi a segunda edición na cidade destas charlas, según recordou Taibo, que valorou “a resposta do estudantado e a súa implicación neste tipo de convocatorias, interesándose polos temas que se abordan cada curso e solventando algunhas dúbidas sobre os mesmos da man de profesionais da ciencia”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal