Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A PRAZA DO 23 DE NOVEMBRO E O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁN OS ACTOS DO DÍA DE NARÓN
A PRAZA DO 23 DE NOVEMBRO E O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁN OS ACTOS DO DÍA DE NARÓN
O Concello celebrará o festivo local con exposicións, música e teatro, degustación gastronómica, e a XXX Gala do Deporte
Narón, 22 de novembro de 2018. O Concello festexará mañá o seu festivo local, o Día de Narón. Desde hai 25 anos o 23 de novembro é festivo na cidade, debido a que é dese mesmo día, pero do ano 1837 cando se rexistra a primeira acta do Concello, localizada na parroquia de San Xiao. A Praza 23 de novembro e o Pazo da Cultura convertiranse novamente este ano nos escenarios nos que se desenvolverán as actividades do programa do Día de Narón, nas que se convida a participar a tódalas veciñas e veciños.
A partir das 12.00 horas e ao longo de todo o día poderase ver na Praza 23 de novembro unha Mostra de instrumentos tradicionais que elaborou o alumnado dos Obradoiros de construción de instrumentos do Padroado da Cultura. Así mesmo, na citada ubicación entre as 12.00 e as 12.45 terá lugar o espectáculo Os Trotasongs, da compañía Conticánticos, protagonizado por Iria Estévez e Gonzo Piña e desde as 12.45 ata as 13.15 actuará o Grupo de Música Tradicional do Padroado da Cultura. Tamén na Praza 23 de novembro, entre as 12.30 e as 15.00 e pola tarde de 17.00 a 19.00 estará funcionando unha gran filloeira –con capacidade para elaborar un milleiro por hora- que se poderán degustar de balde.
Ao mediodía o Pazo da Cultura acollerá a partir das 13.30 o acto de entrega dos premios do X Concurso de Pintura Cidade de Narón, que estará presidido pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e que repartirá un total de 2.850 euros en premios.
Pola tarde a programación continuará na Praza 23 de novembro, co espectáculo Cores, contos e rock and roll, de 17.30 a 18.45 horas e protagonizado por Paco Cerdeira, Pakolas, e Laura Romero.
Os actos do Día de Narón rematarán coa XXX Gala do Deporte de Narón, que dará comezo ás 21.00 horas no Pazo da Cultura e no transcurso da que se recoñecerá o traballo de varios deportistas e se nomeará ao Mellor Deportista do ano 2018.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal