Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA SOLICITARÁ AOS REPRESENTANTES DE COREGAL QUE SE MANTEÑAN OS POSTOS DE TRABALLO DOS EMPREGADOS DA NAVE DE RÍO DO POZO
A ALCALDESA SOLICITARÁ AOS REPRESENTANTES DE COREGAL QUE SE MANTEÑAN OS POSTOS DE TRABALLO DOS EMPREGADOS DA NAVE DE RÍO DO POZO
Representantes do plantel da compañía reuníronse no Concello coa alcaldesa, Marián Ferreiro, e coas edís Catalina García e Teresa Sabio
Narón, 5 de febreiro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e as concelleiras de Acción Social e Promoción Social, Catalina García e Teresa Sabio, respectivamente, reuníronse no Concello con representantes dos traballadores da firma Cogami Reciclado de Galicia SL. (Coregal), cuxos responsables anunciaron para comezos do vindeiro mes de marzo o peche das instalacións localizadas no polígono industrial de Río do Pozo.
Os empregados de Coregal –un plantel formado na actualidade por seis persoas- trasladáronlle ás representantes do equipo de goberno a situación actual e a súa preocupación pola posible perda dos seus postos de traballo. Así mesmo, incidiron na necesidade de que a compañía os reubique noutros centros próximos, no caso de que finalmente se leve a cabo o anunciado peche da planta de Narón.
Pola súa parte, Marián Ferreiro e as dúas edís da corporación local trasladáronlles o seu apoio e o do resto dos integrantes do goberno local aos traballadores e coincidiron con eles en lamentar o anuncio realizado polos responsables de Coregal hai unhas semanas para pechar as instalacións de Río do Pozo, desde donde comezou a súa actividade no ano 2010. A alcaldesa tomou nota da situación explicada polos traballadores e comprometeuse ante eles a manter unha xuntanza cos responsables da empresa para abordar a situación trasladada polos representantes do plantel de Coregal, confiando en que ambas partes poidan chegar a un entendemento. “Desde o equipo de goberno de Narón queremos trasladar o noso máximo apoio aos traballadores desta empresa e faremos o posible para que ambas partes, empresarios e empregados, cheguen a un acordo que permita alomenos manter os postos de traballo do plantel de Río do Pozo nesta comarca de producirse o peor dos casos, que sería a materialización dese anunciado peche das instalacións de Coregal”. A rexedora local lamentou esta decisión, confiando na súa posible reversión, dado que, indicou “se trata dunha compañía que a maiores cumpre unha importante función social co colectivo de persoas con algunha discapacidade ao ofrecerlles unha oportunidade laboral”, subliñou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal