Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O AUDITORIO ACOLLE MAÑÁ UNHA REUNIÓN INFORMATIVA COAS DIRECCIÓNS DOS CENTROS DE ENSINO E FAMILIAS SOBRE O PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN
La concejala de Educación, Mercedes Taibo, explicó que la reunión está abierta a las familias con hijos e hijas en edad de matricularse en Infantil y Primaria
Narón, 25 de febreiro de 2019. O Auditorio municipal acollerá mañá, a partir das 17.30 horas, unha reunión na que os directores e directoras dos centros de ensino públicos de Infantil e Primaria de Narón informarán ás familias que acudan sobre o proceso de escolarización na cidade. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, animou aos pais e nais da cidade con fillos en idade escolar a asistir a esta convocatoria, na que ademáis coñecerán os recursos dispoñibles en cada colexio e tamén os proxectos educativos dos mesmos. No transcurso da reunión tamén se ofrecerá aos asistentes información sobre a nova páxina web municipal Buscocole –buscocole.naron.es-, unha ferramenta a través da que se ofrecen tamén ás familias os datos necesarios para que coñezan de primeira man os seus colexios de referencia en función do seu domicilio. A través desta web poden consultar, indicando a súa dirección ou a idade do seu fillo ou filla, os centros que lle corresponden e tamén todos os servizos de cada un deles. Taibo animou ás familias con fillos en idade escolar a asistir a esta reunión, na que terán a oportunidade, asegurou, de solventar calquera posible dúbida sobre o proceso de escolarización ou o funcionamento dos servizos de cada centro, así como da nova web municipal Buscocole.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal